Pero este tema segue a traer cola xa que as queixas seguen aumentando e hai casos moi graves como pode ser o ocurrido en Dorrón na zona da praia de Area de Agra, praia cun acceso pésimo, e un enfermo que tiña que sair do seu domicilio non podía por estar un coche estaculizando o paso e cando a polí local como moito so podía multar, e así numerosos casos.
Asi que o concello non tivo máis remedio que facerse cargo da grúa, pero onde van depositar os vehículos que retiren? o concello non conta con instalacións para eso. O antigo almacén que usaba a empresa e que esta en trámite de licencia para poder acondicionalo, non esta en condicións según denuncia hoxe o BNG: "As devanditas instalacións, onde todos estes anos custodiaban os vehículos retirados polo guindastre, NUNCA cumpriu coas normas urbanísticas que establece o PXOM. Esta nave, atópase afectada pola alineación da estrada e incumpre a ordenanza urbanística por exceso de edificabilidade. O que significa que en todo o tempo que durou o contrato, estas instalacións carecían de licenza municipal e de actividade, isto non impediu que a señora González prorrogara o contrato no ano 2.007 e 2.008, a sabendas destas circunstancias e co agravante de que estas instalacións tiñan aberto un expediente de infracción urbanístico e mesmamente precintadas no ano 2.007."
Que opcións ten o concello?
Todo indica que se empezan a baraxar opcións como a antiga nave de Repsol de Nantes pero tamén carece de licenza de depósito de vehiculos inda que conta bastantes votos, outra das opcións era en Seame, onde ia ir o aparcadoiro de Portonovo. Alguén propón algún máis?
Últimamente temos o antecedente do contrato do lixo, co cal neste caso andan cos pes de chumbo a pésares de que milagrosamente sempre se pode sacar un as da manga e de repente aparecer unha empresa disposta a xestionar o servizo, co conseguinte enfado da anterior concesionaria, e presuntamente anunciando denuncias e solicitando reunirse coa alcaldesa.
Neste concello parece que facer ben as cousas é toda unha útopia xa que tempo tiveron de abondo para solucionar este tema e sen embargo en plena temporada de verán están inda vendo como resolven o tema.
E inda din que logo van valorar a posibilidade de si o servizo é mellor que estea xestionado polo concello ou seguir a privatizalo, como tódolos servizos neste concello, claro que logo as reclamacións efectuadas recaen sobre o concello.
E as queixas sobre este tema tamén na TVG
Así nos vai..............