

Se vostede inda non sabe como reciclar, se non sabe o que ten que ir no contenedor verde ou no amarelo en Portonovo ten a solución: o contenedor mixto, tapa verde caixa amarela.
Vendo esta foto xa sei porque rebaixou Urbaser o prezo do contrato do lixo, no mesmo camión recolle todo tipo de lixo. Todo indica e según testemuñas os novos camións da recollida do lixo valeiran tanto os contenedores amarelos como os verdes ao mesmo tempo, un detrás do outro.
Polo tanto de que vale separar os distintos tipos de basura se o final na recollida son mezclados?
Nunca o lixo dou tanto que falar, nin nunca o lixo estivo tan mal visto neste concello, claro que así atopamonos con rupturas no grupo do goberno e con propostas absurdas que o final non se cumplen pero que escritas na prensa adornan máis dun titular.
Pero que non se preocupen moito que esta foto xa foi remitida a ecoembes para que nos quiten de dúbidas do que temos que facer si botar lixo orgánico ou o lixo correspondente os contenedores amarelos.
PD: Aproveito tamén ante varios mails que recibin preguntandome sobre o tema da grúa, dícir que, todo sigue igual, cada día aumentan as chamadas solicitando a grúa para que retire os coches dos vados, porque si ti pagas un vado teras uns dereitos pero neste caso non. Por outra banda tamén se estan queixando que as zonas d
