jueves, 1 de julio de 2010

Foto chapuza: Directo a aberta.


Esta foto reflexa as grandes mentes pensantes do noso concello. Este paso de peóns elevado foi feito o ano pasado dentro das obras do plan E.

Como se pode observar na foto, esta rúa esta dotada de amplas aceras e polo tanto o uso de paso de peóns resulta necesario para os que queren pasar dun lado ao outro. Por iso nada mellor que facer un paso de peóns elevado.

Eso si non se deron conta que por un lado hai un aberta, é dicir, si cruzas dende o lado do muro cando chegas o final do paso de peóns das directamente nunha aberta que cun pouco de sorte pode estar seca senón o baño de lodo non cho quita ninguén, por moi bo que sexa para a pel menuda gracia.

Inda menos mal que na noutra beira se atopa unha especia de acera de formigón, a única en todo o tramo.

Por iso dende aquí as miñas felicitacións a quen tivo a idea que si para reducir a velocidade nunha estrada fai que os peóns dean cos fuciños nas abertas a miña total noraboa.

PD: grazas a persoa que ma enviou e as fotos que vaia recibindo as irei colgando por orde de chegada ou si estan en plena actualidade. Moitas grazas.