jueves, 8 de julio de 2010

En Vicaño regan a 1 da tarde.



Esta foto foi sacada hai media hora no parte de Punta Vicaño.

Neste parque estaban xogando nenos cando os aspersores comenzaron a funcionar. As queixas de pais e nais foi notoria, facendome chegar as queixas e a foto tendo que abandonar o parque. Nas fotos podese ver claramente como ochorro de auga que sae do aspersor (marcado cun circulo vermello) chega ata as zonas de xogo, neste caso o columpio, zona que non precisa rego.

Xa vemos que a cabeza pensante do que tivo a idea non da pa máis, e o conselleiro encargado desta área debera dar unha explicación. Porque estas labouras faranse de noite e non a unha da tarde cando o parque ten usuarios, e logo van presumindo do parque, pois si cando ten usuarios os botan fora a golpe de chorros de auga, mal vamos.

Debeu ser que coa tormenta desta noite e a choiva as mentes causantes deste feito quedaron desvariados e non teñen conciencia da hora, porque eu outra explicación non xa vexo. Ou estaran baixo o efecto do Pinga a Pinga, plan de aforro de auga, regue cando hai poucas horas que choveu.

Aqui queda reflexada as queixas que me transmitiron.