martes, 13 de julio de 2010

Desvestir a un santo para vestir a outro


Si neste concello quedaba un chisco de credibilidade estes días esa posibilidade quedou anulada. Coas últimas declaracións de Salvador Durán sobre o novo déposito de coches quedou demostrado a cantidade de eivas e de improvisación deste concello.

Según Salvador: "el aparcamiento situado detrás del Pazo Emilia Pardo Bazán funcionará hasta el día 12 de septiembre como depósito de los vehículos retirados, al tratarse “dun emprazamento idóneo pola súa proximidade ás instalacións da Policía Local, que ademais atópase dispoñible nos meses de verán dada a redución de actividades extraescolares que acolle ao longo do curso este centro municipal”. Aún así, el concejal recordó que existen en el entorno otros espacios en donde pueden aparcar aquellas personas que acuden a la biblioteca municipal, a realizar un trámite en Terra de Sanxenxo o en la Policía Local."

redución de actividades extraescolares? espero que non pensara que os nenos acudian a elas en coche porque a maioria do persoal que da esas clases no verán tamén traballa e ten que acudir o seu posto de traballo, exceptuando os mestres da banda. Co cal falar pa feira.

Pero o máis grave de todo isto é que confirma que a actividade cultural deste concello é PENOSA, INSUFICIENTE, xa que si fora doutro xeite este aparcamento teria que ser usado polos asistentes aos actos culturais.

E por outro lado, xa sabemos que Salvador de bibliotecas non ten nin idea, si o quitas da colecicón de prospectos de uso dos pesticidas, porque ou ben a biblioteca non ten usuarios ou Salvador non ten nin idea, xa que nos últimos meses dende o concello se mandaron numerosas notas de prensa onde anunciaban o incremento de usuarios da biblioteca.

Polo tanto aquí desvisten un santo para vestir outro, dende a policía local xa xurden as primeiras queixas e Paz Lago que di?