Pois ben, a AA. VV de Dorrón non foi convidada ao acto de inauguración, o seu presidente brilaba pola súa ausencia e máis sendo o representante elixido polos veciños da parroquia para velar polos intereses da mesma.
En cambio si estaban representados outros colectivos como a comisión de festas, que non sei si estaban por que igual precisan a estrada para facer as festas ou pola involucración que teñen coa parroquia.
Involucración que ven dada porque o presidente das festas e E. son os representantes parroquiais do PP en Dorrón, así os identifican moitos veciños de Dorrón, xa que hai meses Catalina anunciaba a creacción destas representacións nas parroquias.
Asistimos a outro caso de falta de respeto polas institucións, e por falta de contacto entre o presidente da AA VV con Tino non será, o que pasou é que non interesaba que fosen o presidente da AA VV, pero este non é o primeiro caso nin sera o último, e senón tempo o tempo que xa estamos en agosto.
Por outra banda quen estaba era o coñecido como o concelleiro número "10", co cal notase o peso político deste "concelleiro" fronte a outros como Martín que anda desaparecido.
Ainsss, sempre pode quedar algún poste da luz que sacar.