Inda que non o parezca o parque existe, inda que se atope no medio de tanta maleza, señal do pouco uso que se lle debe dar a dito parque a entrada esta totalmente invadida polas malas herbas.
Este parque foi feito o ano pasado dentro do plan E no que se destiñaba unha partida para
arranxar os parques infantis do concello e fixeronse 2 novos, sendo un deles este. A elección da ubicación do lugar e o empeño de que se fixese esta máis que claro. Esta é a política de si o veciño do lado ten u
n coche pois para non ser menos hai que mercar un camión, pero neste caso non se trata da envexa do resto das parroquias do concello, senón todo o contrario tratase da vergoña de moitos veciños que viron como se usaron cartos nese parque que non se usa podendo invertirse noutras melloras da parroquia.
Pero para saber porque é a vergoña nada mellor que unha foto que o demostre:

Un parque co ancho dun columpio que entre o columpio e a verxa de madeira de peche do recinto non cabe nin un cativo esqualido. Non sei si cumprira coa normativa de seguridade nos parques infantis pero vendo o ancho do parque que é o mesmo co do columpio moito me temo que non.
Por iso voulle dicir a Tino, concelleiro da parroquia, que o menos lle corten a herba de vez en cando porque dentro de nada para poder ir xogar a ese par de xogos habera que acudir coa desbrozadora ou cando menos co fouciño e a gadaña.
E aproveitando que estamos en Dorrón comentar que me pareceu moi significativo que a senda fluvial que se esta preparando na parroquia e según se pode ler no Diario de Pontevedra, esta sendo realizada totalmente pola asociación de veciños.
Sen dúbida o concelleiro desta parroquia esta moi ocupado para preocuparse polo tema e moito menos para ofrecerlles axuda aos veciños, non vaia ser o conto e mellor quedar na sombra que igual lle atizan dende tódolos lados.