Hoxe voume publicar as fotos que me chegaron do parque que esta no Sear:
Este parque como se pode ver esta invadido polas herbas o que denota que non se usa polos rapaces, inda que este parque ten xa o seu tempo non esta adaptado o Decreto 245/2003, do 24 de abril, no que se establecen as normas de seguridade nos parques infantis. Xa que no seu artigo 14 fala da conservación e mantemento do parque asi como a vixiancia periodica por persoal cualificado.
Tan so hai que ver a nova atracción que esta situada no medio do parque chamada: "árbore coa cabeza caida"
Pero o mellor tratase dun parque natural para que poidamos contarlles os nenos que cando nos eramos pequenos xogabamos nas campinas e as aventuras que faciamos.
Tino manda a cortar a herba e Paz date unha volta polos parques para ver como xogan os nenos neles que agora que non hai cole teñen máis tempo libre sempre e cando os parques estean en condicións.
E sinón cren nos pequenos detalles que lle pregunten a Turgalicia e a Roberto Varela que na nova campaña publicitaria din que coidando os pequenos detalles e con amabilidade o turismo en Galicia progresa e que hai que coidar o noso.