martes, 22 de junio de 2010

Gastos extras


Estes días podemos ver polo noso concello os novos coches dos que o concello dispón dende hai poucos días.

Pero para gasto extra os da policía local en extras de verán, este tema sempre esta na rúa e neste blog xa se ten falado moito do tema pero hoxe quero facerme eco dalgúns cifras que supón este gasto.

No ano 2009 o importe pagado por este concepto rolda os 135.000 euros. Gasto que considero excesivo tendo en conta que hai quen traballando so a temporada de verán en horas extras sacas o soldo anual dun traballador. Entre os cobros por este concepto podese destacar un de 11.000 euros e outro de 10.000 euros, pertencente a un dos cargos do organigrama da policia local e do que supostamente chegou a facer reforzos incluso nas súas vacacións.

Esto pasa porque neste concello teñen a tendencia a ocultar as cifras, temos unha páxina web na que non aparecen os orzamentos nin as liquidacións dos orzamentos. Si queremos ter acceso a eles temos que esperar a que colguen as actas dos plenos onde se debaten estes temas e as informacións que ali se plasmas son as cifras globales, non detalladas.

Este ano inda non se presentou a liquidación do ano 2009 e ahí é onde podemos comprobar o que realmente se invertiu e a cifra exacta que se empleou en gastos tanto de persoal ou material.

A falta de transparencia provoca debates sobre o que se gasta no concello pero esta situación esta avalada polo actual grupo de goberno. Estamos en xuño e agardemos que en xullo coñezamos os resultados do 2009.