miércoles 30 de junio de 2010

Seguimos tarde e aumentan as queixas.

En primer lugar quero agradecer as persoas que me estan enviando as fotos e así vamos coñecendo o estado de Sanxenxo.

Pois ben hoxe vamos comenzar anunciando que en Areas xa dispoñen de bancos para sentarse e poder disfrutar do entorno.










Pero este mobiliario urbano ten a súa vantaxe xa que non precisa moito mantemento, non como os bancos do paseo de Silgar e da praza de Pascual Veiga que para non variar, as mentes pensantes deste concello, ocorreselles pintalos a partir de onte, claro e logo despotrican aos catros ventos que a tempada de verán hai que alongala o máximo posible, pois adecentar o paseo a estas alturas non é alongar senón máis ben acortar. Que isto xa tiña que estar feito hai semanas.












Agora que para promoción turística a que fai Sanxenxo das festas patronais das parroquias, é amplisima é adicalle un bo cacho na páxina web do concello tan so había que entrar estes días para poder ver o cartel das festas de Vilalonga, porque brilaba pola súa ausencia. Sen embargo o día 11 deste més xa podiamos ver como na web do concello si anunciaban as de San Antonio de Sanxenxo, ou se anuncian todas ou ningunha, non podemos discriminar.
Pero San Pedro non quedou sen publicidade xa que a que lle negou o concello, porque debe considerar que os visitantes da web non son festeiros, deulla onte a TVG no programa Na Punta do Pé.


Aqui vos deixo o enlace para ver o programa: NA PUNTA DO PE premendo no vídeo do 29/06/2010. Podese ver a xornada do día de San Pedro e a verbena da véspera.

Este verán pinta movido e de onde non hai non se pode sacar, por iso non se pode esperar miragres.

14 comentarios:

  1. jajajajaja, desta non se escapa nin unha.

    No concello xa non deben dar abasto para ver como arranxan todo e non quedar en evidencia

    ResponderSuprimir
  2. Iris, estás en todo!. Mecajonacona.

    ResponderSuprimir
  3. IRIS o da mecedora é un puntazo, creo que vou ter que pasarme por ali.

    ResponderSuprimir
  4. Catalina en esteos momentos está intentando disuadir personalmente a los artifices de la asamblea popular de esta tarde.

    Cati y sus secuaces van a la desesperada, pero no entiendo como gente con cierto cartel se deja manipular , no hablo de los discordantes si no de los fieles, Carballas, tinos, desatinos y otras hierbas que los campos no producen.

    ResponderSuprimir
  5. E incluso hai ameazas directas. Agora fala de dialogo na prensa e por detrás por a funcionar ás temidas brigadas de ceauccescu.

    ResponderSuprimir
  6. E que bien funcionan Don Vito Carballone e Don Salvatore Ronde Non

    ResponderSuprimir
  7. certo cartel?????

    neste momento no PP non hai carteis senón máis ben panfletos.

    ResponderSuprimir
  8. Todos sabemos, menos Iris, que en Sanxenxo existe unha recollida de enseres e mobiliario, que se contacta a traves dun telefono. Para facer a recollida, a empresa indica dia, hora e sitio onde depositar os muebles vellos. A foto foi moi oportuna.

    ResponderSuprimir
  9. Por dios, en Areas xa preparaban unha festa polo novo mobiliario urbano. Bueno, queda desconvocada.

    ResponderSuprimir
  10. E será mellor que recollan os materiales a domicilio pra no dar unha imaxen como esa. Qué pensarán os turistas?

    ResponderSuprimir
  11. Supoño que o lixo rebosando os contenedores e o cheiro por non lavalos tamén teñen hora e lugar de recollida.veña emilio veña.

    ResponderSuprimir
  12. Ola

    En referencia ao servizo de recollida de enseres e depósito dos mesmos teño que dicir que eu varias veces chamei a ese servizo e sempre me dixeron que depositara os trastos a noite xunto o contenedor que eles pasan de madrugada a recollelos.

    Depositalos de noite, non que estean todo o día alí.

    Pero sempre se poden aproveitar para facer un corrillo veciñal e comentar o horario de deposito e o horario de recollida que son cousas distintas.

    ResponderSuprimir
  13. Disculpas de mal pagador, en general el concello está sucio, descuidado, lleno de baches, eso se llama falta de gestión y ganas de trabajar.

    ResponderSuprimir
  14. Disculpas de mal pagador, en general el concello está sucio, descuidado, lleno de baches, eso se llama falta de gestión y ganas de trabajar.

    ResponderSuprimir