martes 29 de junio de 2010

Cousas de verán.


En moitos sitios do rural do concello sufrese a falta de contedores de basura onde depositar o lixo producindose así que se acumulen as bolsas fora pero isto non so sucede no rural xa que as veces esta falta chega incluso as zonas de praia. Que isto non é ningunha novidade xa todos os sabemos, pero é que o deste concello é de misterio, onte podiamos ver unha fila dunha docena de contedores nun sitio no que non hai moita influencia de xente e hoxe o pasar por alí xa habían desaparecido.
Pero aquí o lixo non fai máis que xerar noticias, dende posibles favores ata resolverlle a papeleta do depósito dos restos orgánicos a algúns establecementos en decrimento do resto da poboación.

Vivimos nun concello turístico e por iso os pequenos detalles hai que coidalos pero tamén hai que dispoñer dunha infraestructura eficaz e sobretodo ter ofrecer unha imaxe seria.
Aquí estamos acostumados a que se abra un negocio en calquer lado a pesares de non ter o entorno urbanizado, claro que así logo atopamonos cos postes da luz e de teléfono polo medio das rúas.

Esto lembrame que hai cousa dun ano máis ou menos o camión da recollida da basura tivo un accidente na parroquia de Aios por culpa do cableado de teléfonica, pois o pasar o camión enganchouse nos cables e caiulle un poste de formigón sobre a cabina e por sorte o conductor hoxe pode contalo xa que os danos no camión foron considerables, pero claro moitos vos preguntaredes a que se debeu este accidente ou porque conto isto, pois porque este accidente se produxo porque a alguén se lle ocurreu sacar o poste de teléfono polas "bravas" pero esqueceu que os cables quedaban pendurados a moi pouca altura.

E casos como iste suceden a miúdo no noso concello, casos nos que os veciños vemos como sigue imperando a política de " fasllo porque é amigo meu" ou mesmo o favor polo favor.
E claro todo isto xera un malestar no ambiente e a medida que vas falando coa xente vanche relatando un sinfín de pequenas falcatruadas.

Falcatruadas que o único que conseguen que mentras uns gozan de servizo outros teñamos que ver como o lixo se amorea porque onde fai falla dous contedores so hai un e logo presumimos da nova recollida lateral, inda que este verán en moitos sitios a recollida farase como tódolos anos MANUAL.

13 comentarios:

  1. Na Galiza profunda ainda quedan PADRIÑOS. Pero como na pelicula acabaràn no carcere e arruinados.

    ResponderSuprimir
  2. Ai, si ó, pero o dono do Luz de Luna e un dos valedores que lle quedan a Cati no PP.

    ResponderSuprimir
  3. Creo que lle deben de quedar algún máis, senon algún concelleiro dos críticos, e dicir o concelleiro de urbanismo non andaria a chamar a xente e ir polas parroquias para que mañán vaian a reunión da sede... que che pasa angel tes o cuiñooo apretado... pois xa que vos reunides, depaso contalle ti a xente coma foi o tema da basura, e quen era a empresa da que presentaches o proxeto e cal é a empresa que está detrás. Por certo, que te vas a meter a fragueiro?, cando deixes a política... porque ultimamente non fas mais que ter conversacións con madereiros e por certo ata os dous de nome Manolo... Que se che está vendo o plumero rapas...

    ResponderSuprimir
  4. Angel anda moi ocupado esquivando ao das Ondas Novas que xa lle ofreceu máis dunha.

    ResponderSuprimir
  5. Podenlle quedar 70, 100, ata 300 valedores pero pa que goberne fanlle falta 4500.

    os comentarios anteriores, folgadiña, di ti de quen son a empresa, porque o que fixo Angel, solo foi abaratar o tema nuns 600.000 € anuais, por certo dedicate a temporada de praias, que te estás labrando un futuro de carallo, ou vanche facer a plaza de funcionario, mira pa próxima non escribas cando colgues as Novas.

    Ti si que eres un colocado do PP, e dime, ti de que vas a traballar? sempre te pode por Carballa o tema do aforro enerxético ou a vender pienso, Coidate.

    ResponderSuprimir
  6. caen os postes de teléfono? eu o que quero e ter unha ""eira no mar"". arriba esos postes, campeón.

    ResponderSuprimir
  7. Alguén sabe onde podo comprar madeira de carballo pequeno tipo carballiño, din que queima moi ben e que está a bo precio xa que se devaluou moito nos ultimos tempos

    ResponderSuprimir
  8. jajajajajaa...mima ...arde Aios!!!!!

    ResponderSuprimir
  9. jajajajajaa...mima ...arde Aios!!!!!

    ResponderSuprimir
  10. La Grande de Sanxenxo y Portonovo, anuncia que acudirá a la reunión convocada por los críticos a su Gestión, bien por la Grande, dice que es para enterarse de 1ª mano de las propuestas de estos.
    Cati mentirosa, si no te has enterado es porque nunca has convocado a la militancia desde que ejerces de Presidenta, porque te has cuidado de no convocar a la gestora, tu vas a crear polémica, a valerte de una convocatoria general que hacen tus excompañeros, tu pobre víctima de Telmo y los demás, tú pobre desinteresada, tú que dices que no antepones tus intereses a los del partido y encambio eres capaz de que se rompa, se quiebre, por no dar tu brazo a torcer, solo te aferras al cargo para tener con quién hablar y que te respecten, aún que el respecto lo impongas, no lo ganes día a día, bueno que te perdone el Todopoderoso que los vecinos no creo.

    ResponderSuprimir
  11. si arde aios avisar a proteccion civil, seguro que folgada sabe que mangueira usar para apagar o lume de carballo.

    ResponderSuprimir
  12. O carallo e se arden os pinos e os fragueiros están a conspirar con Angel contra a alcaldesa.

    ResponderSuprimir
  13. Aver si non hai noticias máis importantes de que falar agora e só estades mirando para os contenedores de basura,pero resulta que está saindo coma noticia a nivel nacional o sitio de Portonovo donde nos adicamos a pesca dinamitera.Esta si que é unha noticia que deberia importarnos,da imaxe que estamos a dsr...o da basura ? tamén ten importancia pero....

    ResponderSuprimir