miércoles, 9 de junio de 2010

Todos usan a Telleira menos os veciños


O día 17 deste mes as 5 da tarde volverase a abrir a Telleira para celebrar a Asamblea Xeral do GDR do Salnés.

A Telleira é a sede social deste grupo e xa van varias reunións as que se veñen facendo neste edificio.

A realidade é que mentras este edificio permanece pechado para os veciños de Vilalonga e de Sanxenxo abrese moi a miúdo para que o use este grupo.

Estase a reclamar austeridade e mentras en Vilalonga se pagan alquileres a doquier incluido a entidades privadas temos un edificio pechado coa salvedade de que se abre para estas reunións a que acuden colectivos de toda a comarca do Salnés.

Hai tempo que se dixo que A Telleira estaba pendente de unhas obras para poder abrila, xa que este edificio sufreu inundacións e presenta algún que outro problema estructural pero para usala o GDR non debe ser necesario este tipo de obras.

Por iso me pregunto si algún colectivo pide o uso destas instalacións para celebrar unha Asamblea, unha charla ou calquer outro tipo de actividade vanlle deixar usar as aulas que ali hai?