martes 29 de junio de 2010

Máis lixo.

Din que non hai duas sen tres, pois para mostra as seguintes fotos que foron sacadas esta mesma tarde moi preto do punto limpo e que me fixeron chegar por mail.





A ver si cun chisco de sorte poñen un dos contedores dos que estaban na famosa ringleira ou a menos que teñan a ben pasar de vez en cando a limpar, porque tanto lixo non se acumula nun par de días.

E como dato curioso as bolsas que estan cheas de botellas moi ben colocadas. No noso rural viven persoas maiores que non dispoñen de medios para levar o lixo, como o caso do vidrio, a uns cantos centos de metros.

Polo tanto seguiremos dandolle suspenso os concelleiros de Mediambiente e o de Servizos pero teremos que darlle un 10 a de turismo por promocionar tan ben a Ruta do Viño, con so ver a sinalización e o entorno da gañas de descubrila.











2 comentarios:

  1. iris, de novo faltas a verdade. o lixo está alí con intención, non te enteras. o Concello vai a crear a RUTA DO LIXO, non ves como estaban onte os contenedores de todo o concello. así a xente pode facer a ruta. Iris, con tal de criticar a Almudena fas o que sexa. felicidades para almudena, mario e tino, seguide así, esto e fomentar o turismo. Iris, mentireira.

    ResponderSuprimir
  2. Estou ata o carallo dos peperos!.

    ResponderSuprimir