En Sanxenxo sabese que chega o verán non polo sol ou pola calor senón cando se tarda en cruzar a rúa Progreso de punta a punta case media hora, cando comenzas a sufrir os atacos e sobretodo cando vias pasar a grúa a cada instante.
Pero este verán a imaxe da grúa non sei si se dará, hai un días contaba nun artigo como debido a un erro da nova Lei de Seguridade Vial a policia local non podía avisar a grúa para retirar os coches mal estacionados ata que os concellos se adaptasen a nova normativa pero si a policia local pode sancionar a infracción.
Pero hai días que moitos veciños están requirindo os servizos da grúa senón que llo pregunten os que viven na rúa Carlos Casas presentando incluso escritos dirixidos ao sarxento da policia local para que mande a grúa a retirar os coches que nesa rúa dificultan os accesos as vivendas.

Pero cal é a situación de Sanxenxo?
1º.- Sanxenxo inda non emitiu o decreto que permita que os policias locais podian solicitar os servizos da grúa como se esta a facer noutros concellos de España corrixindo así o artigo 85 da nova lei no que otorga a facultade de avisar a grúa a autoridade encargada a xestión do tráfico, é dicir, os alcaldes, pero non aos axentes encargados da vixiancia do tráfico.
2º.- O servizo de grúa segue sin adxudicarse: o 10 de novembro do 2009 resolvese que as empresas que se presentaron para optar a este servizo de grúa non cumprian o disposto da claúsula 4º do prego de condicións e polo tanto declarase deserta a adxudicación. A adxudicación iase facer por un prazo de 4 anos tal e como se pode ler no anuncio da adxudicación con data do 9 de xullo de 2009.

Polo tanto tal é como nos teñen acostumados en Sanxenxo a que a adxudicación de certos servizos se fagan cando xa estan vencidos os contratos anteriores, so hai que recordar o caso da contratación para a limpeza dos edficios públicos, o caso da recollida de basuras que inda segue sin adxudicarse, ...., e este non ia ser menos. Ou pensan chamar a algunha grúa para que preste os servizos sin pasar antes por un proceso de adxudicación? Pero primeiro teranse que adaptar a normativa.