miércoles, 30 de junio de 2010

As herban acabaran por invadirnos


Esta claro que expoñer as vergonzas do concello a luz pública da resultado. E nesa laboura atópase Mario que cada vez que entra no blog xa sabe a onde mandar os de servizos o día seguinte.

Hai uns días falabamos dun parque no Sear e do seu estado e hoxe un veciño da zona mandame a foto do parque que xa foi limpo. Colgo a foto do antes e do despois:










Non parece o mesmo parque, vaia cambio, si so facia falta pasarlle a desbrozadora de vez en cando.

Onte colgabamos unha imaxe do lixo acumulado en Padriñán e hoxe vemos o resultados da queixa.











A cousa xa mellorou, pero inda lle faltan un par de horiñas máis de adicación para deixar o entorno limpo, agora que o detalle da tele é moi significativo.

E postos a denunciar hoxe mandame outras duas retando de novo a Mario e o grupo de goberno a ver si conseguer limpar o seguinte entorno, e como di o veciño que me remite as fotos sempre e cando dea co lugar:







Bueno unha pista: este é o lavadoiro do Sear, moi bonito, rehabilitado pero sen poder acceder a el coa cantidade de herba que hai.

E Mario non te preocupes que hai máis, agora vamos ver si en turismo tamén se poñen as pilas.

Seguimos tarde e aumentan as queixas.

En primer lugar quero agradecer as persoas que me estan enviando as fotos e así vamos coñecendo o estado de Sanxenxo.

Pois ben hoxe vamos comenzar anunciando que en Areas xa dispoñen de bancos para sentarse e poder disfrutar do entorno.










Pero este mobiliario urbano ten a súa vantaxe xa que non precisa moito mantemento, non como os bancos do paseo de Silgar e da praza de Pascual Veiga que para non variar, as mentes pensantes deste concello, ocorreselles pintalos a partir de onte, claro e logo despotrican aos catros ventos que a tempada de verán hai que alongala o máximo posible, pois adecentar o paseo a estas alturas non é alongar senón máis ben acortar. Que isto xa tiña que estar feito hai semanas.












Agora que para promoción turística a que fai Sanxenxo das festas patronais das parroquias, é amplisima é adicalle un bo cacho na páxina web do concello tan so había que entrar estes días para poder ver o cartel das festas de Vilalonga, porque brilaba pola súa ausencia. Sen embargo o día 11 deste més xa podiamos ver como na web do concello si anunciaban as de San Antonio de Sanxenxo, ou se anuncian todas ou ningunha, non podemos discriminar.
Pero San Pedro non quedou sen publicidade xa que a que lle negou o concello, porque debe considerar que os visitantes da web non son festeiros, deulla onte a TVG no programa Na Punta do Pé.


Aqui vos deixo o enlace para ver o programa: NA PUNTA DO PE premendo no vídeo do 29/06/2010. Podese ver a xornada do día de San Pedro e a verbena da véspera.

Este verán pinta movido e de onde non hai non se pode sacar, por iso non se pode esperar miragres.

martes, 29 de junio de 2010

Máis lixo.

Din que non hai duas sen tres, pois para mostra as seguintes fotos que foron sacadas esta mesma tarde moi preto do punto limpo e que me fixeron chegar por mail.





A ver si cun chisco de sorte poñen un dos contedores dos que estaban na famosa ringleira ou a menos que teñan a ben pasar de vez en cando a limpar, porque tanto lixo non se acumula nun par de días.

E como dato curioso as bolsas que estan cheas de botellas moi ben colocadas. No noso rural viven persoas maiores que non dispoñen de medios para levar o lixo, como o caso do vidrio, a uns cantos centos de metros.

Polo tanto seguiremos dandolle suspenso os concelleiros de Mediambiente e o de Servizos pero teremos que darlle un 10 a de turismo por promocionar tan ben a Ruta do Viño, con so ver a sinalización e o entorno da gañas de descubrila.











Cousas de verán.


En moitos sitios do rural do concello sufrese a falta de contedores de basura onde depositar o lixo producindose así que se acumulen as bolsas fora pero isto non so sucede no rural xa que as veces esta falta chega incluso as zonas de praia. Que isto non é ningunha novidade xa todos os sabemos, pero é que o deste concello é de misterio, onte podiamos ver unha fila dunha docena de contedores nun sitio no que non hai moita influencia de xente e hoxe o pasar por alí xa habían desaparecido.
Pero aquí o lixo non fai máis que xerar noticias, dende posibles favores ata resolverlle a papeleta do depósito dos restos orgánicos a algúns establecementos en decrimento do resto da poboación.

Vivimos nun concello turístico e por iso os pequenos detalles hai que coidalos pero tamén hai que dispoñer dunha infraestructura eficaz e sobretodo ter ofrecer unha imaxe seria.
Aquí estamos acostumados a que se abra un negocio en calquer lado a pesares de non ter o entorno urbanizado, claro que así logo atopamonos cos postes da luz e de teléfono polo medio das rúas.

Esto lembrame que hai cousa dun ano máis ou menos o camión da recollida da basura tivo un accidente na parroquia de Aios por culpa do cableado de teléfonica, pois o pasar o camión enganchouse nos cables e caiulle un poste de formigón sobre a cabina e por sorte o conductor hoxe pode contalo xa que os danos no camión foron considerables, pero claro moitos vos preguntaredes a que se debeu este accidente ou porque conto isto, pois porque este accidente se produxo porque a alguén se lle ocurreu sacar o poste de teléfono polas "bravas" pero esqueceu que os cables quedaban pendurados a moi pouca altura.

E casos como iste suceden a miúdo no noso concello, casos nos que os veciños vemos como sigue imperando a política de " fasllo porque é amigo meu" ou mesmo o favor polo favor.
E claro todo isto xera un malestar no ambiente e a medida que vas falando coa xente vanche relatando un sinfín de pequenas falcatruadas.

Falcatruadas que o único que conseguen que mentras uns gozan de servizo outros teñamos que ver como o lixo se amorea porque onde fai falla dous contedores so hai un e logo presumimos da nova recollida lateral, inda que este verán en moitos sitios a recollida farase como tódolos anos MANUAL.

lunes, 28 de junio de 2010

Sempre a última hora




































Hai días que non veñen anunciando que as praias están listas para o seu uso.

Pois ben estas fotos estan sacadas na praia de Areas as 5:30 da tarde e chea de xente.

Polo tanto que me expliquen que facia este barco a esa hora, quizais rematar o que tiñan que ter feito hai tempo?

Ou ben non esperar a hora punta e facelo a primeira hora da maña.
Moitos usuarios non daban creto o que estaba ocorrendo, xa que decían que non era a hora máis adecuada.

viernes, 25 de junio de 2010

Carreteras? Non, peor que as corredoiras dos anos 30

Novas queixas dos veciños na TVG:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

A grúa en Sanxenxo


En Sanxenxo sabese que chega o verán non polo sol ou pola calor senón cando se tarda en cruzar a rúa Progreso de punta a punta case media hora, cando comenzas a sufrir os atacos e sobretodo cando vias pasar a grúa a cada instante.

Pero este verán a imaxe da grúa non sei si se dará, hai un días contaba nun artigo como debido a un erro da nova Lei de Seguridade Vial a policia local non podía avisar a grúa para retirar os coches mal estacionados ata que os concellos se adaptasen a nova normativa pero si a policia local pode sancionar a infracción.

Pero hai días que moitos veciños están requirindo os servizos da grúa senón que llo pregunten os que viven na rúa Carlos Casas presentando incluso escritos dirixidos ao sarxento da policia local para que mande a grúa a retirar os coches que nesa rúa dificultan os accesos as vivendas.

Pero cal é a situación de Sanxenxo?

1º.- Sanxenxo inda non emitiu o decreto que permita que os policias locais podian solicitar os servizos da grúa como se esta a facer noutros concellos de España corrixindo así o artigo 85 da nova lei no que otorga a facultade de avisar a grúa a autoridade encargada a xestión do tráfico, é dicir, os alcaldes, pero non aos axentes encargados da vixiancia do tráfico.

2º.- O servizo de grúa segue sin adxudicarse: o 10 de novembro do 2009 resolvese que as empresas que se presentaron para optar a este servizo de grúa non cumprian o disposto da claúsula 4º do prego de condicións e polo tanto declarase deserta a adxudicación. A adxudicación iase facer por un prazo de 4 anos tal e como se pode ler no anuncio da adxudicación con data do 9 de xullo de 2009.

Polo tanto tal é como nos teñen acostumados en Sanxenxo a que a adxudicación de certos servizos se fagan cando xa estan vencidos os contratos anteriores, so hai que recordar o caso da contratación para a limpeza dos edficios públicos, o caso da recollida de basuras que inda segue sin adxudicarse, ...., e este non ia ser menos. Ou pensan chamar a algunha grúa para que preste os servizos sin pasar antes por un proceso de adxudicación? Pero primeiro teranse que adaptar a normativa.



miércoles, 23 de junio de 2010

Subete a árbore: novo entretenemento infantil.

Parece que os parques estan de moda e non precisamente por velos cheos de raparigos xogando senón por todo o contrario.

Hoxe voume publicar as fotos que me chegaron do parque que esta no Sear:




















Este parque como se pode ver esta invadido polas herbas o que denota que non se usa polos rapaces, inda que este parque ten xa o seu tempo non esta adaptado o Decreto 245/2003, do 24 de abril, no que se establecen as normas de seguridade nos parques infantis. Xa que no seu artigo 14 fala da conservación e mantemento do parque asi como a vixiancia periodica por persoal cualificado.

Tan so hai que ver a nova atracción que esta situada no medio do parque chamada: "árbore coa cabeza caida"

Pero o mellor tratase dun parque natural para que poidamos contarlles os nenos que cando nos eramos pequenos xogabamos nas campinas e as aventuras que faciamos.


Tino manda a cortar a herba e Paz date unha volta polos parques para ver como xogan os nenos neles que agora que non hai cole teñen máis tempo libre sempre e cando os parques estean en condicións.



E sinón cren nos pequenos detalles que lle pregunten a Turgalicia e a Roberto Varela que na nova campaña publicitaria din que coidando os pequenos detalles e con amabilidade o turismo en Galicia progresa e que hai que coidar o noso.

martes, 22 de junio de 2010

Gastos extras


Estes días podemos ver polo noso concello os novos coches dos que o concello dispón dende hai poucos días.

Pero para gasto extra os da policía local en extras de verán, este tema sempre esta na rúa e neste blog xa se ten falado moito do tema pero hoxe quero facerme eco dalgúns cifras que supón este gasto.

No ano 2009 o importe pagado por este concepto rolda os 135.000 euros. Gasto que considero excesivo tendo en conta que hai quen traballando so a temporada de verán en horas extras sacas o soldo anual dun traballador. Entre os cobros por este concepto podese destacar un de 11.000 euros e outro de 10.000 euros, pertencente a un dos cargos do organigrama da policia local e do que supostamente chegou a facer reforzos incluso nas súas vacacións.

Esto pasa porque neste concello teñen a tendencia a ocultar as cifras, temos unha páxina web na que non aparecen os orzamentos nin as liquidacións dos orzamentos. Si queremos ter acceso a eles temos que esperar a que colguen as actas dos plenos onde se debaten estes temas e as informacións que ali se plasmas son as cifras globales, non detalladas.

Este ano inda non se presentou a liquidación do ano 2009 e ahí é onde podemos comprobar o que realmente se invertiu e a cifra exacta que se empleou en gastos tanto de persoal ou material.

A falta de transparencia provoca debates sobre o que se gasta no concello pero esta situación esta avalada polo actual grupo de goberno. Estamos en xuño e agardemos que en xullo coñezamos os resultados do 2009.

domingo, 20 de junio de 2010

Foto Chapuza: beirarrúa ou marquesiña?

Hai uns días enviaronme estas fotos para que as incluise na sección de foto chapuza:












Esta marquesiña atopase cerca do cruce da Vichona, na estrada que vai da Vichona a Portonovo. Como se pode ver a maleza esta invadindo a marquesiña pero tamén é significativo que si vas andando pola beirarrúa nada máis rematar esta te atopas xa co marquesiña. Esta marquesiña foi instalada no 2009.

Pero tan díficil é manter un minímo de estética as veces nos pequenos detalles é donde se demostra que se esta pendente de que os traballos encargados sexan feitos tal é como se pediron.

PD: Enviademe as vosas fotos chapuzas para publicar e ampliar esta sección e así entre todos intentar denunciar estes pequenos detalles.

jueves, 17 de junio de 2010

Atención: estacionamento masivo en Sanxenxo.

Moitos conductores que tiñan os seus coches aparcados na Avda Luis Rocafort atoparon o seguinte cartel pegado o seu parabrisas, cartel que foi repartido polos auxiliares da polícia local pola tarde:

E como esperan máis de medio cento de autobuses reservan esta rúa que todos xa sabemos no estado que se atopa. Pero claro aquí neste concello a falta de imaxinación e de consideración hacia os posibles afectados é nula.
Temos unha praza do mar vacia, na que perfectamente se pode habilitar como aparcadoiro provisional sin causar molestias. Pero non, nesa praza so poden aparcar os autobuses que traen os convidados dalgún convinte ou boda ao clube Nautico.
Claro que xa sei que algún dira que como estes días Nauta esta ocupada coa chegada da volta a España de vela os usos son incompatibles, pero aqui o único "in" que hai son incompetentes para aportar solucións.

Todo se xustifica ante o "ESTACIONAMENTO MASIVO" organizado pola Diputación, pero si se preocuparan por esixirlles a diputación o arranxo desa mal chamada avenida mellor nos iria.

miércoles, 16 de junio de 2010

O mesmo anuncio un ano despois

Como neste concello nada é casual e os anuncios publicitarios están a orde do día e como non para exemplo unha mostra.

Hoxe o grupo de goberno sae na prensa co seguinte: "Sanxenxo móvese’ es el lema del proyecto diseñado por el Concello de Sanxenxo orientado a crear un ‘obradoiro de emprego’ que dé trabajo a 45 personas en el ámbito social y de servicios. Para ello, la Administración local aspira a conseguir una subvención de la Consellería de Traballo e Benestar Social de 983.078,10 euros, la cuantía necesaria para acometer esta iniciativa. Por su parte, el Ayuntamiento se ocuparía de poner a disposición tanto el material como las instalaciones precisas, mientras que la Unidade de Promoción e Desenvolvemento de la Deputación de Pontevedra se encargó de elaborar los módulos formativos.El Concello de Sanxenxo ya presentó esta mañana en la Xunta de Galicia la solicitud para el proyecto que se centraría en la atención sociosanitaria a personas en el domicilio, además de en otras dos áreas que serían la de carpintería y la de jardinería y trabajo forestal. "

Esta sería unha boa noticia si tivese un mínimo de credibilidade, cando nos concellos limítrofes xa foron concedidas as axudas para os obradoiros de empreo ao concello de Sanxenxo inda di que os vai pedir.
Pero claro como hoxe en día hai algo chamado hemeroteca so hai que ir ver o que se publicaba o 11 de xuño do ano pasado:

"El Concello de Sanxenxo, a través de la Diputación y la Consellería de Traballo, pretende poner en marcha varios Obradoiros de Emprego que den trabajo a parados mayores de 25 años. El primero de ellos pretende ubicarlo en A Fianteira con el objetivo de destinarlo a recuperar el entorno de A Telleira.

El Concello de Sanxenxo ha comenzado a preparar la documentación necesaria para tramitar, junto con otras administraciones, la creación de obradoiros de emprego que ayuden a formar en determinados campos a los jóvenes del municipio y, a su vez, a ampliar la red de servicios e instalaciones con que la entidad local viene contando actualmente.

El primero que se tramitará estará ubicado en el lugar de A Fianteira, Vilalonga, y se encuadrará en el ámbito de A Telleira.El plan de formación ocupacional, que en este caso se desarrollará conjuntamente con la Deputación Provincial de Pontevedra y la Consellería de Traballo e Benestar, incluirá las especialidades de carpintería y trabajos forestales - jardinería y constará de dos fases semestrales.

Zonas verdes > Dentro de este obradoiro se tratarán de recuperar y acondicionar determinadas zonas verdes municipales a través del módulo de jardinería así como la obtención de determinado mobiliario urbano, como pasarelas de madera, jardineras, bancos y papeleras, ideado para su colocación en determinados puntos del ayuntamiento con unas especiales características estéticas y medioambientales.

El total de alumnos-trabajadores que participarán en este obradoiro será de 24." (diario de Arousa 11/6/09)

Como vedes inda estamos esperando o do ano pasado que non sabemos que ocurreu coa tramitación, si chegaron a tramitalo, e agora sorprendennos coa mesma noticia, cambiamos unhas cantas palabras, e xa temos un anuncio ideal de proposta.

Que pena, coa crise que estamos a vivir e que se xogue así mentras noutros concellos hai tempo que disfrutan deste plan de emprego, levan recuperado patrimonio municipal a vez que se forma aos parados en Sanxenxo anunciamos o mesmo cada ano pero non pasa máis alo do simple anuncio.

Un ano e 4 días despois volvemos ler o mesmo na prensa, para eso non fai falta ter unha persoa responsable de prensa para que cada ano reedite a mesma nota de prensa.



sábado, 12 de junio de 2010

Espías en Silgar.


Onte comentaronme o tema das camaras de vixiancia de seguridade que se puxeron no Hotel Talasso Sanxenxo, pero en especial a que esta colocada no teito e que en diversas webs se anuncia da seguinte forma:

"En el tejado se ha instalado una M12. En este caso, además de controlar y mejorar la seguridad, pretende ofrecer un servicio adicional al cliente ya que gracias esta cámara podemos ver en directo la playa de Sanxenxo. De este modo, todo el que lo desee puede entrar en la página web del Gran Talaso Hotel y ver en directo la playa con un marcador de la temperatura. "

E aquí é onde entran as dúbidas da maioria da xente: é legal o uso deste tipo de cámaras? En moitas cidades os concellos quixeron por cámaras deste tipo para vixiar as rúas e espazos públicos e en moitos casos foron denegadas o seu uso xa que poden entre outras cousas vulnerar a privacidade da xente según hacia onde enfoquen. Si eu estou en Silgar na praia non me gustaria que me estiven enfocando todo o tempo con unha cámara web, porque unha cousa é enfocar a entrada dun hotel para velar pola seguridade do establecemento e outra moi diferente é estar enfocando a rúa ou as praias.

Non hai moito tempo que o concello do Grove quixo por un sistema similar nas rúas e declararon a iniciativa como ilegal polo tanto desistiron da idea e entón entranme as dúbidas.

Vos que opinades? e si o concello decidise por cámaras polas rúas para vixiar estariamos dacordo?

A realidade é que hoxe por hoxe a través desta cámara en Silgar xa temos o noso propio "Gran Hermano".



jueves, 10 de junio de 2010

A Policia Local non pode retirar os coches coa grúa.

Todos sabemos como anda a grúa no verán en Sanxenxo pero a sorpresa ven dada pola nova lei de tráfico que entrou en vigor en maio e que conten este erro.

No xornal 20 minutos podese ler un artigo referente a este tema:

"Un defecto en la redacción de la nueva Ley de Seguridad Vial, que entró en vigor el pasado 25 de mayo, deja a los agentes de la Policía Local sin autoridad para ordenar la retirada de los vehículos mal estacionados. De esta forma, los policías sólo podrán denunciar la infracción (estacionar en doble fila, en zona azul, carga y descarga...), pero no avisar a la grúa para que los retiren. [...]
Ahora bien, ¿qué podemos hacer si la grúa se lleva nuestro vehículo? Según el presidente de la Asociación de Automovilistas Europeos y abogado especializado en temas de tráfico, Mario Arnaldo, lo primero es pagar la tasa de la grúa para poder sacar el vehículo del depósito municipal. Después, y en el plazo de un mes de la retirada del mismo, hay que presentar un recurso alegando que según el artículo 85 de la nueva Ley de Tráfico un agente ha ordenado la retirada del nuestro vehículo sin tener la competencia para ello."

Para ler toda a noticia preme aqui ..... 20minutos


miércoles, 9 de junio de 2010

Todos usan a Telleira menos os veciños


O día 17 deste mes as 5 da tarde volverase a abrir a Telleira para celebrar a Asamblea Xeral do GDR do Salnés.

A Telleira é a sede social deste grupo e xa van varias reunións as que se veñen facendo neste edificio.

A realidade é que mentras este edificio permanece pechado para os veciños de Vilalonga e de Sanxenxo abrese moi a miúdo para que o use este grupo.

Estase a reclamar austeridade e mentras en Vilalonga se pagan alquileres a doquier incluido a entidades privadas temos un edificio pechado coa salvedade de que se abre para estas reunións a que acuden colectivos de toda a comarca do Salnés.

Hai tempo que se dixo que A Telleira estaba pendente de unhas obras para poder abrila, xa que este edificio sufreu inundacións e presenta algún que outro problema estructural pero para usala o GDR non debe ser necesario este tipo de obras.

Por iso me pregunto si algún colectivo pide o uso destas instalacións para celebrar unha Asamblea, unha charla ou calquer outro tipo de actividade vanlle deixar usar as aulas que ali hai?

domingo, 6 de junio de 2010

Que é o acento de Sanxenxo?

Alguén lendo o marco preguntoume o seguinte: Como é o acento de Sanxenxo? sorprendida pola pregunta ensinoume o seguinte:

"Vuelo TP9707 operado por la compañía TAP -la línea aérea de Portugal- entre Lisboa y Johannesburgo. Once horas de trayecto. Extracto del diálogo mantenido entre un servidor y una de las azafatas a la hora de la cena (23.30 horas en la ciudad destino, minuto arriba, minuto abajo).

Azafata (con acento de Sanxenxo): ¿Qué quiere para beber?
Yo (decidido): Cerveza
Azafata (con cara de malas noticias): Sólo hay sin alcohol.
Yo (resignado): ¡Joder! Pues que sea sin alcohol." (marca.com)

Co cal me pregunto si os nacidos no concello de Sanxenxo temos un acento especial? e si é asi alguén pode explicar como é ese acento?

jueves, 3 de junio de 2010

O Consello de Contas pronunciouse

O Consello de Contas xa auditou as contas do 2007 dos concellos de Galicia, entre eles o de Sanxenxo e a modo de resume deixovos parte da crónica que se relata no xornal " El correo Gallego":

"Diecinueve concellos tardan más de 200 días en saldar deudas con sus proveedores

El Consello de Contas advierte que las demoras pueden traducirse en intereses
//Conmina a presentar números a los municipios: 33 no rindieron todavía los de 2007

La capitalidad, junto a subvenciones del Consorcio y fondos autonómicos para expropiar el Monte do Gozo, suponen que Santiago sea también la ciudad más favorecida por transferencias y subvenciones; recibe un 51 por ciento más que Lugo. Es asimismo la de mayor carga tributaria por habitante: 591,20 euros. Esta cifra la coloca como el octavo municipio gallego con más presión fiscal por detrás de Xove, Sanxenxo, Negueira de Muñiz, Miño, San Cibrao das Viñas, Manzaneda, Outeiro de Rei y Cervo. El turismo o la existencia de empresas relevantes explican en buena parte de los casos la elevada recaudación de impuestos.
Saldo negativo.
Sanxenxo es ejemplo por antonomasia de concello que vive del turismo y el primero de diecisiete con balance negativo en el ejercicio de 2007 (-4.226.872,05), si bien sus remanentes le permitieron un resultado final positivo de 819.630,23 euros. Cerraron en números rojos, y sin paliativos, diez: Boiro, Santa Comba, As Pontes, Xinzo, Mos, Moaña, Nigrán, Sada, Rianxo y Teo, los cuatro últimos por segundo ejercicio consecutivo.

Para ler a crónica completa preme aqui...... ccontas.

Para ler o informe do Consello de contas preme aqui ..... informe contas. Sanxenxo a partir das páxina 254

Conclusións do informe sobre o concello

2.3. Situación Económico-Financiera
- O resultado orzamentario do exercicio é negativo.
- O resultado orzamentario axustado é positivo.
- O remanente de tesourería para gastos xerais é positivo.
- Os compromisos de gastos con cargo a exercicios posteriores ascende a cantidade total de 0,00 €.
- A importancia relativa dos dereitos recoñecidos dos capítulos I, II e III de ingresos (Impostos directos, Impostos indirectos, e Taxas e outros ingresos) sobre o total
dos capítulos de ingresos é do 45,32 %.
- O aforro neto ao fin do exercicio, calculado cos dereitos e obrigas recoñecidas netas, é positivo por importe de 1.520.372,95 €.
- A débeda viva a longo prazo ao 31/12 en relación ós ingresos correntes é de 60,66 %.
- O índice de dependencia financeira (relación entre os dereitos recoñecidos das transferencias a recibir e o total dos dereitos recoñecidos netos) é de 54,49 %.
- O importe dos saldos de dubidoso cobro do remanente de tesourería é 4.849.015,61 €, equivalente ao 25,56 % dos dereitos pendentes de cobro.
2.4. Outras observacións e incidencias

Conclusións sobre o OO AA Terra de Sanxenxo:

2.3. Situación Económico-Financiera
- O resultado orzamentario do exercicio e o axustado son positivos.
- O remanente de tesourería para gatos xerais é negativo, o que conleva a aplicación do art. 193 do TRLRFL.
- Os compromisos de gastos con cargo a exercicios posteriores ascende a cantidade total de 0,00 €.
- A importancia relativa dos dereitos recoñecidos dos capítulos I, II e III de ingresos (Impostos directos, Impostos indirectos, e Taxas e outros ingresos) sobre o total
dos capítulos de ingresos é do 9,53 %.
- O aforro neto ao fin do exercicio, calculado cos dereitos e obrigas recoñecidas netas, é positivo por importe de 331.534,26 €.
- O índice de dependencia financeira (relación entre os dereitos recoñecidos das transferencias a recibir e o total dos dereitos recoñecidos netos) é de 90,46 %.
- O importe dos saldos de dubidoso cobro do remanente de tesourería é - €, equivalente ao 0,00 % dos dereitos pendentes de cobro.

Conclusión sobre a Xerencia de Urbanismo:

2.3. Situación Económico-Financiera
- O resultado orzamentario do exercicio é negativo.
- O resultado orzamentario axustado é positivo.
- O remanente de tesourería para gastos xerais é positivo.
- Os compromisos de gastos con cargo a exercicios posteriores ascende a cantidade total de 0,00 €.
- A importancia relativa dos dereitos recoñecidos dos capítulos I, II e III de ingresos (Impostos directos, Impostos indirectos, e Taxas e outros ingresos) sobre o total
dos capítulos de ingresos é do 10,19 %.
- O aforro neto ao fin do exercicio, calculado cos dereitos e obrigas recoñecidas netas, é positivo por importe de 290.820,39 €.
- O índice de dependencia financeira (relación entre os dereitos recoñecidos das transferencias a recibir e o total dos dereitos recoñecidos netos) é de 89,38 %.
- O importe dos saldos de dubidoso cobro do remanente de tesourería é - €, equivalente ao 0,00 % dos dereitos pendentes de cobro.

Conclusións sobre Nauta SL e sobre Insula:

Non aparecen os datos relativos a estas dúas sociedades

Adxudicación provisional das casas de cultura.

Casa de cultura de Adina:

Adxudicada a Constructora Outón SLU de Sanxenxo por 314.313,98 euros con Ive. Obtendo unha puntuación de 86.59 puntos. Para ver o resto das participantes preme aqui.... Adina

Casa de cultura de Dorrón:

Adxudicada a Constructora Outón SLU de Sanxenxo por 335.072,04 con Ive. Obtendo unha puntuación de 86.58 puntos. Para ver o resto das participantes preme aqui ..... Dorrón

miércoles, 2 de junio de 2010

Un parque feito a medida, a medida de quen?

No lugar de Magaláns na parroquia de Dorrón, o ladiño da casa do concelleiro Tino Sanmartín, hai un parque de recente construcción.
Inda que non o parezca o parque existe, inda que se atope no medio de tanta maleza, señal do pouco uso que se lle debe dar a dito parque a entrada esta totalmente invadida polas malas herbas.

Este parque foi feito o ano pasado dentro do plan E no que se destiñaba unha partida para arranxar os parques infantis do concello e fixeronse 2 novos, sendo un deles este. A elección da ubicación do lugar e o empeño de que se fixese esta máis que claro. Esta é a política de si o veciño do lado ten un coche pois para non ser menos hai que mercar un camión, pero neste caso non se trata da envexa do resto das parroquias do concello, senón todo o contrario tratase da vergoña de moitos veciños que viron como se usaron cartos nese parque que non se usa podendo invertirse noutras melloras da parroquia.


Pero para saber porque é a vergoña nada mellor que unha foto que o demostre:

Un parque co ancho dun columpio que entre o columpio e a verxa de madeira de peche do recinto non cabe nin un cativo esqualido. Non sei si cumprira coa normativa de seguridade nos parques infantis pero vendo o ancho do parque que é o mesmo co do columpio moito me temo que non.

Por iso voulle dicir a Tino, concelleiro da parroquia, que o menos lle corten a herba de vez en cando porque dentro de nada para poder ir xogar a ese par de xogos habera que acudir coa desbrozadora ou cando menos co fouciño e a gadaña.

E aproveitando que estamos en Dorrón comentar que me pareceu moi significativo que a senda fluvial que se esta preparando na parroquia e según se pode ler no Diario de Pontevedra, esta sendo realizada totalmente pola asociación de veciños.
Sen dúbida o concelleiro desta parroquia esta moi ocupado para preocuparse polo tema e moito menos para ofrecerlles axuda aos veciños, non vaia ser o conto e mellor quedar na sombra que igual lle atizan dende tódolos lados.

Diferencia de xestión

Hoxe invitaronme a irme de pinchos por Marín, unhas xornadas similares as que se estan a facer en Sanxenxo.

Este é o cartel dos dous eventos:



















Atopades algunha diferencia notable
?

Pois que en Marín a Conselleria de Traballo suvbenciona o evento aforrando asi uns cartiños aos organizadores, cousa que en Sanxenxo so se fai a través de Turismo de Sanxenxo.
E significativo que xa ni xestionan coa Xunta "amiga" aforrando asi gastos e así seguir tendo cartiños para máis actividades.

martes, 1 de junio de 2010

Serán capaces de non facer precampaña?

Hoxe o PP nacional sorprendenos co seguinte:

"el PP registrará hoy en el Congreso una proposición no de ley que persigue reducir de manera drástica los gastos de campaña electoral prohibiendo por ley la precampaña. El objetivo es que la campaña real se ajuste a la campaña legal y para ello propondrán que la publicidad electoral se limite a los quince días de campaña propiamente dichos."

Por eso preguntome si serán capaces de cumplir co que piden pois iso significa nada de inaugurar obras en precampaña, bueno en Sanxenxo como non se estan facendo non se poderan inaugurar, tampouco por as primeiras pedras dalgunha obra, nada de colgar carteis antes de tempo como pasou nas anteriores, ..... e así un sinfín de cousas.

A medida esta ben sempre e cando se cumprise xa que os partido pequenos xa a cumpren por falta de medios pero os dous partidos máis con máis peso votante non sempre respetan as regras do xogo que no que se debe rexir a igualdade de oportunidades.

Nuns meses veremos si todo queda nunha simple declaración de intencións ou veremos como se pasea Louzán para anunciar obras xa anunciadas co logo do PP detrás.