No Diario de Pontevedra de hoxe contase o malestar dos traballadores do concello de Sanxeno e no que o titular da noticia é: “Os sindicatos instan ao concello a que convoque a Mesa de Negociación”
Todo isto remontase ao conflito vivido en novembro, cando se presentou os orzamentos para o 2010, e ante as protestas dos traballadores a Salvador, concelleiro de persoal, non lle quedou máis remedio que sentarse a negociar cos sindicatos e os traballadores.
Nesa negociación dabase o visto bo a consolidación de 49 prazas neste ano e outras nos seguintes exercicios.
E agora topamonos que UXT ameaza con volver a acudir a vía xudicial se nos próximos días non se reune a Mesa de Negociación tal e como lles prometera Salvador. E todos coinciden en darlle un voto de confianza, un máis, para ver si neste mes se volven a reunir.
O que non me extrañaria nada é que o sair esta noticia na prensa se apurasen a levantar o teléfono para convocar a reunión e así calmar as voces críticas, inda que se faga unha reunión valeira de contido.
E porque digo máis arriba “volver a acudir a vía xudicial ” porque UXT ven de gañarlle un contecioso xudicial ao concello de Sanxenxo pola composición do tribunal das últimas prazas de auxiliares de polícia. Este é o resultado da xestión da área de persoal que dirixe Salvador Durán.
Esta sentencia cabe a posibilidade de recurrila.