Sei que Sanxenxo sigue xerando noticias e que escomenzamos un novo ano político con vistas ás eleccións municipais do 2011 pero tamén marcado polo Decreto do Galego. Co borrador presentado xa avistamos un ensino plurilingüístico que non se sabe moi ben como vai a acabar e por iso hoxe quero falar da miña lingua: o GALEGO.
[...]
Calquera día destes cando lle pregunte a un neno “que fas esguedellando aí?”, ou “que me achegue o parafuso que está pendurado no pendello xunto ao tentemozo” ou mesmo cando lle diga que lle “dea de comer ao sapoconcho ou mesmo que vamos a pradeira a ver revolotear as bolboretas” pensará que lle estou falando en chinés.
E sobretodo… que será de nós cando deixemos de ter morriña para ter un sentimento máis londinense, ou os mozos deixen de pasear na hora do luscofusco e ver como o alecrín dourado asoma no mes de maio?
Pero que sería do XACOBEO sen o galego, xa que todo o mundo o coñece como XACOBEO non como JACOBEO? Pero que sería de nós sen as foleadas e os aturuxos, sen que un alalá emerxa das nosas gorxas e de non poder ver como o lagarto que hai pintado na saia da Carolina move o rabo? E que será da pobre Lela cando non poida ver as nubes chorando por un amor que morreu e xa non faremos a sementeira loguiño de clarear e que un meniño rebuldeiro fale na lingua nai que suba nos pexegueiros e contar os contos do cuco e do paspallás mentres de fondo escoitamos o toque das badaladas?
So vou suscribir as palabras de Eduardo Pondal que parecía predicir o que está a pasar:” Os bos e xenerosos a nosa voz entenden e con arroubo atenden o noso ronco son, mais sóo os iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros non nos entenden, non” o meu maior orgullo será ter nacido en Galiza e sentirme GALEGA.
Para seguir lendo o artigo preme aqui.....