lunes, 11 de enero de 2010

O puzzle de Sanxenxo. Cap. I

Estes días estiven lendo unhas informacións no XORNAL sobre o Opus Dei en Galicia. Isto fixome pensar si este era o momento de compartir o que eu sei hai tempo ou ben esperar un tempo máis.

Hoxe moita xente se declara abertamente do Opus Dei e en Sanxenxo hai veciños que pertence a esta orde é quero deixar claro dende o principio que cada persoa é libre de pertencer ou non o que queira, cada un é dono dos seus actos, e pertencer o Opus Dei ou o clube de fans de Bustamente é unha elección persoal. Pero eu quero responder a seguinte pregunta: ¿como se move o Opus Dei en Sanxenxo?

O centro por referencia do Opus Dei en Sanxenxo é o novo templo de Sanxenxo, a nova igrexa de Sanxenxo. Nesta igrexa sobretodo en verán podese ver como numerosos agregados, numerarios e supernumerarios do Opus Dei acoden a escoitar a misa. Para esta congregación Sanxenxo é un dos sitios recomendables para que veraneen aos seus integrantes, nas excursión que a congregación fai por Galicia Sanxenxo incluese na maioria dos packs. E como anécdota teño contar que a igrexa de Sanxenxo ten varios confesionarios pero hai un que esta destinado para esta orde. No verán atoparas sempre un sacerdote foraneo disposto a confesarte. Pero o máis curioso desta igrexa é que é unha das poucas da comarca do Salnés onde hai misa a primeira hora a maña en días laborais.

Ata aquí podedes pensar que conto simples anécdotas e que o que contei esta ben como curiosidade, pero hoxe en día internet e as hemerotecas aportan datos moi interesantes, algúns coñecidos xa que volverei a recordar e outros novos.

Hai tempo SalvemosSanxenxo facía un extenso reportaxe sobre Monte Faro e os magnates do Golf e nun extracto podía ser o seguinte: Un grupo de empresarios valencianos fíxose co 71% dun dos sectores do complexo residencial con campo de golf previsto en Monte Faro(Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escribá, irmán e sobriño do Conseller popular de Agricultura da Generalitat Valenciana, Juan Cotino, escóndense detrás de Mirador de Sanxenxo S.L, empresa creada o pasado mes de maio para a promoción desta urbanización. [...] JUAN GABRIEL COTINO FERRER (Conseller de Agricultura Pesca e Alimentación) Empresario, Agregado do OPUS DEI e ex Delegado na Policía . E para máis información vos deixo un par de enlaces: o primeiro fala dos Cotino Ferrer e neste segundo nomeanse unha serie de políticos, empresarios, .., pertencentes a dita orden.

Xa por moitos é coñecido que actualmente Mirador de Sanxenxo Sl reclamalle os cartos que pagou por non facer VPO en Monte Faro ao concello. Cartos que o concello xunto cos do outro SU invistiu na compra de Punta Vicaño. Tema que se ten comentado e explicado neste blog.

Esta compra foi acordada poucos días antes de deixar Telmo Martín a alcaldía de Sanxenxo e foi executada xa pola actual alcaldesa Catalina González Bea. E hai tempo que moitos vos preguntades ¿a quen pertencían os terreos de Punta Vicaño?.

Estes terreos eran da familia Pazó Jiménez de La Espada, asi reza no documento de compra-venta, onde aparecen os propietarios da finca. Entón agora so queda tirar un pouco de google para atopar o seguinte enlace: http://es.romana.org/print.php?n=36&s=7.0&ID=2. onde se di que unha irmá dos propietarios de Punta Vicaño pertencía ao Opus Dei. Faleceu antes de que se executase a venta.

¿Existe algunha relación? eu teño unha resposta pero é a miña opinión persoal. A día de hoxe a relación existente é que cos cartos dos Su 13 e 14 mercouse Punta Vicaño. O resto cada quen é libre de relacionar o que queira, pero hai veces que por un nome nalgún dos buscadores de internet poden levarte a descubrir datos interesantes que che fan ir completando o puzzle de Sanxenxo.

O final o mundo reducese nas catro esquinas dun pañuelo os cales estan unidos por un delgasimo fio, cada un é libre de sacar as súas conclusións e de seguir coñecendo máis datos. Punta Vicaño foi mercado con cartos públicos e así como se supo quenes eran os donos do Pazo Quintáns ou como o concello aumenta o patrimonio municipal a través dos convenios urbanísticos ou mesmo do litixio que houbo pola propiedade dos terreos de Baltar e por iso que tamén temos dereito a saber a quen se lle mercan terreos. Porque os veciños desa zona o poderan saber ou os máis vellos do lugar pero os do resto de parroquias o mellor non.

Coñecemos a historia do Aviador Piñeiro, da vinculación de Emilia Pardo Bazán con Sanxenxo, que a illa que hai na Lanzada pertencia ao médico de Noalla, as aventuras do navegante Suso Leiro ou do Goya do actor Celso Bugallo pero en Sanxenxo quedan moitas persoas inda por descubrir e un deles foi o propietario de Punta Vicaño. ¿ Temos dereito a coñecer historia de Sanxenxo? ¿temos dereito a saber onde e como se invirten os cartos públicos dos veciños de Sanxenxo? Pois vamos a seguir completando o puzzle.