miércoles, 13 de enero de 2010

Edificio Boavista

No Bop de hoxe podemos ler o seguinte:

"SANXENXO
A N U N C I O
Intentada a notificación do acto sinalado nesta notificación a Dª Irene Díaz Cabana, no lugar de Camiño das Gaivoteiras nº2 (Baltar) - Adina, e ó non resultar posible a súa práctica, segundo o previsto no artigo 59.5 de la Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, despois da modificación introducida pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, procedese a súa publicación no Boletín Oficial de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo o que sigue:

Asunto: Aprobación do proxecto de demolición parcial de edificio de viviendas existente “Boa Vista”.
Expte.: 162/84.
Interesado: Concello de Sanxenxo."

Aparece o relatorio de datas e pasos seguidos dende a Xerencia de Urbanismo dende setembro do 2009 para proceder a demolición da obra ilegal. Esta información esta nas páxinas 32 e 33 bo BOP e podedes acceder a el premedo aqui.....