sábado, 16 de enero de 2010

O Dorrón non gaña para arranxos

"A can fraco todo lle son pulgas" sería o dito que mellor lle podemos aplicar a situación do clube de fútbol de Dorrón, recordemos que non hai moito inda estaban reclamando os cartos do último arranxo que fixeron nas instalacións e que o concello lles prometara pagar cando as obras estiveran feitas.

E agora deben buscar financiación para reparar os danos causados polo temporal destes días, xa que o temporal destrozou parte do muro de cierre.

Agora que "gato escaldado fuxe da auga" xa que xa tiveron que adiantar os cartos unha vez para facer obras coa promesa de cobralas cando se rematasen para agora volver a ter que adiantar cartos e a saber deus si as cobraran ou non.

Agardaremos a ver que decisións toman a directiva ao respeto e o posicionamento do concello, porque digo eu que colocar uns cantos bloques cun pouco de cemento non pode custar tanto.
Pero tamén vamos ver que di o concelleiro de Deportes xa que últimamente anda desaparecido, nada de sabe del, ah, debe estar avaliando os danos no campo do Noalla, xa que este campo tamén precisa reparación.

O concello non vai dar abasto a sufragar tanta reparación.