martes, 5 de enero de 2010

A panxoliña de XAN

XAN co teu permiso copio aqui a panxoliña para que todos a poidan ler. A verdade é que voltar de vacacións e descubrila foi unha boa sorpresa e noraboa xa que fai un bo resumo do acontecido no 2009 en Sanxenxo.

XAN DAS XANEIRAS dijo...

Oh, Blanca Navidad
xa non me chegaba a hora
de ver o novo portal
estaba ingresado en Montecelo
por culpa da gripe A.

E mira ti neste Belén
a oposición de protagonista
será que o goberno non fai nada ben
nin tan sequera unha chisca.

Vexo moi ghuapa a Catalina
e que ben lle luce o pelo
xa semella o espantallo
do teatro Tarabelo.

O outro día facendo zapping
xa non sei nin a que hora,
confundin na televisión
a Catalina con Amadora.

A cousa non é tan rara
e non odigo con despecho,
si Calina é Amadora
Salvador e Illa son os Tonechos.

Ai Catalina
a ver os cartos onde van
ghastáronse moitos ó parvo
e aghora non queda un can.

Cartos, cartos... faltan moitos
non sei como os van recaudar,
pa min que teñen pensado
jodernoslo co rádar.

E coidado co albariño
cando pases por diante do aghro
que te collen no control
e te joden de carajo,
polo menos caenche
catro puntos e retirada
e aínda que fales con Salvador
el diche que non pode facer
"nada de nada".

No agro de Sanxenxo
non se pode comprar nada,
nin pienso pos pitos
nin un cacharro de cuchol
non viai a ser o carallo
que un chisco máis adiante
te jodan nun control.

Que lle faría Salvador
a esta policía local,
estan ahí sempre parados
ata parece que lle queren mal.

Salvador está jodido
ó parecer co señor Expósito
pero el niegha rotundamente
que os controles
llos estén facendo a propósito.

Para control o que hai en Noalla
abriron unha "casa de cultura
chea de camas",
os homes saen da casa coa escopeta cargada,
e as mulleres asexando na ventana.

O outro día vin na plaza,
duas chavalas de Extremadura,
seica viñan a traballar a Noalla
na nova casa da cultura.

Está moi ben ubicada
a todos lles queda á man
chegas en coche, tamén en moto
non falta nin Pepiño Tintán.

Os veciños de Dorrón
van descubrir unha cousa nova
que a reciclaxe e a cultura
estan de moda,
a casa da cultura no primeiro piso
e na azotea a súa querida depuradora.

No portal está Martín
apoiando os de Dorrón,
o que tiña que facer
e darlle a sua remuneración.

No pobo de Noalla
en fútbol hai gran aficción
para eles os cartos todos
e as deudas para Dorrón.

Cando se piden explicacións
din que son horas flacas
pero a uns párenlle os bois
e a outros non lle empreñan as vacas.

O noso concejal Ángel
ben se ve que non fai nada,
será que en urbanismo
non se move unha palada?

Fun a Vigo por ver Cangas
vin a Sanxenxo por ver Marbella
fun a Vigo con niebla
vin a Sanxenxo e vin merda.

Que verjuenza neste concello
que poucos recursos temos,
jodeuse o urbanismo,
a vivir da pensión dos vellos.

Que ghuapo está Tinito
cando anda nas obras
coas mans detrás do cú
non sabe facer outra cousa.

No pobo de Vilalonga
hai un rebumbio de medo,
como non quiten a Fenosa
a algún vaille cair o pelo.

Eu xa estou ata o carallo
porque sempre é a mesma macana
a estación de aquí non sae
mentres os caciquillos
non lles de a gana.

O meu amigho Roberto
hai moito tempo que non o vexo
debe andar polo monte
agachado como un conexo.

Por eso vexo no portal
a San Xosé tan contento,
que non se lle move un pelo
nin cunha racha de vento.

E que ben luce Dulcinea
alegre e desenfadada,
pero xa sabemos que cando abre a boca,
tanto di que non di nada.

E para colmo de males
pensaron os inoperantes:
"aquí hai que recortar gastos,
desfajamonos de Nantes".

E con esto me despido
que teñades bo nadal,
e coidado na curva de Areas
non vaiades escorrejar.

FELIZ ANO 2010!!!