jueves, 7 de enero de 2010

O polígono e a subestación

Despois destes días de festas volvemos a comentar e a informar do que acontece en Sanxenxo e por iso non podo deixar pasar por alto o que lin estes días sobre o polígono de Nantes, as declaracións de tanto da alcaldesa como de Barbeito así como as últimas novas sobre a subestación.

No Diario de Arousa o día 2 aparecia o seguinte: “El Concello de Sanxenxo no recepcionará el polígono industrial de Nantes hasta que los empresarios obtengan todos los permisos necesarios para la conexión del saneamiento a la EDAR de Dena y hasta que haya garantías de construcción de la subestación de Fenosa. Así lo confirmó la alcaldesa de Sanxenxo quien indicó también que si los empresarios no agilizan sus gestiones el Concello se valdrá del aval, de más de dos millones de euros, depositados por los promotores y ejecutará directamente las obras […]Catalina González advierte que el Concello será “muy estricto” y los plazos se están agotando. Si en el primer trimestre de 2010 la junta de compensación no ha resuelto el problema y conseguido las autorizaciones de Augas de Galicia, será la administración local quien realizará los trabajos.

O concello non pode recepcionar un SU sin que se remate a súa urbanización e no caso do polígono de Nantes inclue o saneamento e a subestación de Fenosa. Ou ¿os do polígono van ter un trato de privilexio frente a outros SU? Xa o concello ten bastante co mantemento posterior do polígono como para que co pretexto da crise aumentar máis as cargas. A alcaldesa di que o prazo é o primer trimeste do 2010 e sinon executa o aval, pero ¿o aval chega para esas obras? Agora chegan as presas porque recordemos que o anuncio ía ser que no 2007 este polígono ia estar funcionando e creando máis de 3000 empregos e o único que xera son malas herbas.

E dous días despois Barbeito no mesmo diairo di o seguinte: “el integrante de la junta de compensación destacó que actualmente hay dos líneas de media tensión y una de alta tensión que permitirían dotar de suministro al 40% de las naves que se instalasen en el lugar.

Así, afirma que podrían empezar a construirse naves y recepcionarse el polígono antes de que la subestación esté finalizada, ya que el suministro estaría garantizado. Lo mismo ocurre con el tema de la EDAR. Barbeito destacó que la junta de compensación quiere que se realice esa obra y que el Concello recepcione el polígono y pidió colaboración de todas las partes implicadas.” Vamos é dícir, que os da xunta de compensación atopanse sin un peso e intentan presionar para que se execute o aval e así non ter que por un peso máis nun polígono que creian que ían facer monte e valos e o final moitos dos propietarios non estan dispostos a por máis cartos. Pero neste caso temos unha data ABRIL 2010 para saber o desenlace desta situación.

Pero claro ampliamos a de Vilalonga e así de momento vamos safando o tema, mentras os veciños de Vilalonga siguen coa subestación alí. Si “cando o rio sona auga leva” porque hai ben tempo que se ven comentando que cunha ampliación da de Vilalonga o polígono teria o suministro garantizado e agora queda clarisimo coas verbas que se poden ler no diario.

A realidade é que dentro duns poucos meses comenza a precampaña e o que ía ser a gran obra faraonica do PP de Sanxenxo no 2007 estase convertendo nun campo de malvas con rúas asfaltadas e a paciencia dos propietarios estase acabando.

Por outra banda quero deixar o enlace que me fixeron chegar da comisión de Industria do Parlamento onde se debatiu o traslado da Subestación e onde o Secretario Xeral de Industría di claramente que non se vai facer o traslado e que as licenzas son competencia da administración local.

E digo esto último porque nun artigo anterior se me pregunta quen deu a licenza da ampliación, pois ben si o DOGA e do 30 de novembro do 2009 onde se di: "Resolución do 27 de outubro de 2009, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Sanxenxo. (Expediente IN407A 09/214-4)." e nesa época xa gobernaba o PP na xunta, pero tamén quero aclarar un par de conceptos cos que esta a xogar a alcaldesa para confundir os veciños: TRAMITACION e RESOLUCION. A tramitación do expediente da ampliación hai que facelo por lei, e para iso se publica no DOGA o 4 de maio onde se di: "Resolución do 10 de marzo de 2009, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación
eléctrica que se cita. (Expediente IN407A09/214-4).". e firmado por: "Por vacante do delegado provincial Ramón Barreiro García Secretario provincial de Pontevedra" 10 de marzo e as eleccións a Xunta foron o día 1 de marzo, ui ui, Catalina que o Doga non minte e non te escudes no descoñecemento porque non cola, e mira ti que casualida que se di o seguinte: "Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións,
nesta delegación provincial, avda. Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte
días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación" e como tiñades coñecemento de esto, porque para iso este tipo de resolucións hainas que colocar no taboleiro de concello, ¿como non llo dixestedes aos veciños de Vilalonga e aos colectivos?, é mellor calar pero botamos a favor do traslado na moción presentada polo PSOE nun pleno pero logo non facemos nada, non vaiamos por a Xunta nun compromiso.

Pero deste tema non vai ser o último capitulo xa que pronto habera outro máis pero mentras aquí esta o enlace: comision de industria

E que cada un saque as súas propias conclusións.

NOTA: deixovos os enlaces do vídeo:

http://www.parlamentodegalicia.es/axenda/grabacion.aspx?wmv=0000006804L-002-100kb.wmv&timecode=01:21:32&duration=00:23:35

e este é o enlace da comisión: comisión

http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/ContenidoGal/pargal_HoxeNoParGal.aspx?codses=08030600013&day=11/12/2009&desc=Comisi%C3%B3n+6.%C2%AA%2c+Industria%2c+Enerx%C3%ADa%2c+Comercio+e+Turismo&tipo=0

e no punto 3.1 atopase o enlace do video.