domingo, 10 de enero de 2010

Nova opción de ocio en Sanxenxo.


Dende hai uns días dende a web do concello de Sanxenxo estannos propoñendo unha nova opción de ocio no concello: GOLF.

Si, si, na foto da cabeceira da web podese ver unha pelota de golf co logo de Sanxenxo e un dos buracos do campo. Non sei si se estan adiantando no tempo, ou estan promocianado o campo de golf de Meis ou abriu algún establecemento con minigolf onde poder pasar a tarde.

Dende esa cabeceira tense que publicitar o existente no concello: praias, turismo patrimonial, festas, paisaxes, ocio, ... pero non algo que non existe. Temos suficiente cousas que pratocinar e vender como para inventar recursos. Hai fotos de sobra para por , so fai falta dar unha volta por tódolos rincons do concello non so por Silgar, pola capela da Lanzada ou do Mirador da Granxa.