miércoles, 17 de junio de 2009

A precariedade e a axuda de Meaño

Hoxe tiveron lugar as entrevistas das persoas que foron seleccionadas para acceder a entrevista para optar a un dos 40 postos ofertados para a limpeza de praias. As probas tiveron lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, as preguntas que lle facían eran relativas a onde habían traballo antes outros o entrar so lle debía dar tempo a dicir ola e pouco máis pois non che tardaban nadiña en saír, e que claro malo seria que algúns dos 6 que conformaban as veces os tribunal de selección non os coñecera.

Pero ata aquí sería o normal neste tipo de procesos, pero unha vez que os seleccionen para eses postos han de saber que o soldo a percibir rolda os 400 € mensuais.

Claro que logo sae na prensa Salvador a dicir que o concello percibira 288.782,24 € para contratar a 15 peóns por 4 meses (100.818€); 12 persoas para o grumir: 3 capataces e 9 peóns durante 6 meses e medio (134.241,89€) e 15 socorristas durante 3 meses (72.525,15€) dentro do plan de Cooperación, plan no cal si vai haber un salario digno.

Pero logo atopámonos coa circunstancia que vai haber persoas contratadas para o mesmo servizo cunha diferencia salarial importante, porque aos 15 socorristas de dito plan sumaránselle os 59 que contrata o concello. ¿traballadores de primeira e de segunda?

Inda de que nos imos a estranar si agora ten que ir o alcalde de Meaño a solicitarlle a Hernández a depuradora para o polígono de Sanxenxo, xa sei que moitos diran que é porque Meaño ten previsto facer un polígono a continuación do de Sanxenxo, pero a realidade é que a depuradora mancomunada de Meaño non ten capacidade para os verquidos do polígono e o polígono precisa unha Edar para a sua posta en funcionamento ou ¿quererán usar o rio da Chanca como aliviadoiro?.

Sera que tanto paseo a Santiago da señora Alcaldesa, agora que aprendeu o camiño, se lle esqueceu pedir esto ou o mellor tiña pensado ir para a semana a consellería outra vez e darse unha volta pola capital.

Si o final terán que vir os alcaldes da comarca a recordarlle a alcaldesa as necesidades de Sanxenxo, debe ser que non se lle repiten a míudo.