Onte a noite, noite de fogueiras na praia, fogueiras que por certo nas praias non se poden facer porque se emporcalla todo, en Montalvo formouse un macrobotellón en toda regra.
O tema era que uns DJ´s querían facer unha festa e como non había permiso vai a poli local e impide que se faga pero claro so prohibiron instalar unha carpa pero non disolveron a xente co cal ali formouse un macrobotellon.
Pero en Sanxenxo hai unha normativa anti-botellón, si de 5000 asistentes so puxeron unha decena de denuncias sobre protección da seguridade cidadá ¿onde quedaron as famosas identificacións anti-botellón?, ah claro o non tratarse de Silgar non pasa nada.
A festa durou ata as 8 da maña pois mira que tiñan tempiño dabondo para identificar, disolver e exisir o cumprimento da lei, pero claro onde vai a decena de poli locais que seguro que mandaron que dende as 8 da noite permitiron a concentración de xente, porque digo eu que baixar con bolsas de bebidas alcohólicas para a praia non seria para decorar a praia senón para consumir.
E si deixaron consumir os 100 primeiros claro que logo deberían deixar os restantes 4900.
Si pasa esto en Silgar chaman os antidisturbios e os geos para que disolvan o grupo, veñen os bombeiros e ata se fai falta o concelleiro de Seguridade Cidade ponse a confiscar a bebida, pero Montalvo é as aforas, e claro pensarían os rapaces mellor hai que polas rúas de
Portonovo, total queda as aforas.
Unha vez queda demostrado máis que hai zonas de primeira e zonas de segunda, zonas nas que a seguridade non falla e zonas nas que se pasan un pouco máis por alto as normativas.
Simplemente PATETICO, so podo dicir que todo isto paréceme PATETICO. Fan as normativas e logo non son capaces de levalas a cabo máis alo do quilómetro e pouco de Silgar e do Porto Deportivo.