Pero o proxecto inicial ía ter dos campos de fútbol e o custe era o mesmo ¿custa o mesmo facer un campo que dous? No meu entender dáme que non, pero parece que en Sanxenxo si, pero logo o intentan xustificar con que hai que facer muros de contención e facer movementos de terra, no proxecto anterior tiñan que urbanizar igual, pois o terreo non aumentou so disminue, co cal a urbanización do entorno había que facela igual, pero claro para que negociar outro orzamento e volver a ter que presupostar todo de novo, pagámoslle o mesmo a U.T.E na que se encontra SERCOYSA. Neste momento de crise hai empresas que pillarían a obra por menos cartos con tal de poder ter carga de traballo e ata o concello estaría en situación de poder incluír unha cláusula para que a empresa beneficiaria deste concurso se comprometese a contratar persoas paradas e así contribuír o fomento do emprego.
O que pasa é que aquí cando viron o anuncio dos hipermercados de pague 1 e leve 2 entenderonno o revés: pagamos 2 e facemos 1. Si é que o final lles fara falta tamén un coordinador de marquetíng e publicidade para comprender os anuncios que fan outras empresas. Si é que ata a grada inicial de 700 prazas pasa a ter 400 prazas, pero o custe mantense.
Pero aquí non, seguimos coa política do derroche: pagamos o mesmo por un campo que por dous, non miramos a maneira de reducir custes non vaia ser que a U.T.E se cabree e tampouco vaia ser o conto de que os empregados locais se lles aumente a carga de traballo o ter que revisar ese orzamento.
Isto parece a casa de Tócame Roque, dos responsables de Urbanismo xa non me espero nada pois o de traballar sóalle os “mundos de Iupi”, seguen na mesma liña da igual que estemos en crise, en bonanza ou mesmo que Sanxenxo estea a punto da quebra total eles mentres cobren.
Logo temos a super concelleira de Facenda que moito predicar a austeridade e nin se molesta a revisar este orzamento, así logo saen as contas.
Agora que tamén hai que ter valor para chamarlle Cidade Deportiva a un terreo cun campo de Fútbol, entón Baltar tamén é Cidade Deportiva, Noalla idem, Vilalonga idem, Dorrón idem, vamos que estamos cheos de Cidades Deportivas e non sen enterarnos. Claro que si lle engadimos unhas canastras, un lateral para practicar atletismo, un cachiño para un pequeno campo de balonmán ou de balón-volea ou mesmo unha pista de tenis, teríanlle que chamar a Super-cidade Deportiva ou o Nova Iork dos deportes en Sanxenxo. É que nesta era nova todo é Super: Super Delegado, Super Director,...
Que tomen nota de Concepción Arenal cando dícia:”O ruido das risas pasa. A forza dos razoamentos queda” pero neste grupo de goberno razoar pouco.
Pero para comparar os datos nada millor que ver as duas notas de prensa sobre o primer proxecto e mailo segundo.
http://www.sanxenxo.es/adjuntos/cEnlacesDescargas/175_2_ciudad.pdf
http://www.sanxenxo.es/?idMenu=66&int1=1109
Foto do primer proxecto: custe 1.771.926,88 euros.