Hoxe lemos na prensa a noticia da visita do señor Rodríguez ao Centro de Día, acompañado polo señor González. Os dous percorren as instalacións (por decisión propia?) acompañados da directora. Ambos saen tan contentos do que alí viviron, que realizan unha marabillosa nota de prensa, na que reflicten de xeito "case creible" que o Centro de Día parécese a "os mundo de Iupi", no que todo o mundo é feliz e respírase concordia. Nese centro os problemas non existen, nin existiron nunca!.
Non entendo toda esta "pomada" que o señor Rodríguez “and company” pretenden darlle á señora alcaldesa ¿será algo pactado?, ¿estaremos ante o primeiro pacto de goberno?
Pero se lle esqueceu un "pequeniño" detalle ao señor Rodríguez: Ademais de falar coa directora, para saber o que pasa alí realmente, debería falar coas traballadoras que están, que estiveron, que fixeron prácticas alí, con familiares dos usuarios do Centro, cos familiares de usuarios que xa non están no centro, coa empresa concesionaria.... non sei como dicirlle, señor Rodríguez, iso de documentarse, INFORMARSE máis para ser máis imparcial.
E dígolle isto, porque non creo que a situación das traballadoras sexa tan "feliz" como vostede comenta. E todo isto non é nada novo, hai tempo que a ola a presión esta a punto de estourar, e cando estoure ¿cal van ser as consecuencias?
Hai unha cousa das que di que é certa: grazas ás traballadoras, ao seu traballo (ata ao mes no que non lle pagaron a nómina) conséguese as certificacións ano tras ano. Repito, grazas ás traballadoras.
E a pesar de ter un orzamento de 529.423,8 € nos orzamentos deste ano 2009 a empresa concesionaria, como agradecemento a ese esforzo por parte dás traballadoras, a empresa "supostamente" ( por aquilo das demandas xudiciais que tanto lle gustan á alcaldesa) redúcelles a xornada laboral a 6 horas diarias cunha perdida duns 300 € ao mes do seu soldo.
Señor Rodríguez.....¿vostede sabía isto?. ¿Que clase de oposición fai vostede? ¿a quen lle preguntou sobre o funcionamento do Centro de día? ¿A quen pretendía deixar quedar mal?
Se cre que este funcionamento é o adecuado, é que está de acordo coa precariedade laboral, esta de acordo a que as empresas sigan gañando a mesma cantidade que anos anteriores (non esquezamos que é diñeiro público!) e reduza gastos á conta da cotización e do soldo das traballadoras.
¿É así como vostede defende aos veciños e veciñas de Sanxenxo? ¿É así como defende aos traballadores? (bo, para exemplo a empresa Armarios Alonso!).
Ai, Señor Rodríguez, paréceme que vostede o que quere é facer méritos ante o PP, por aquilo que se oe que buscan substituto de Catalina.... Porque vostede máis que facer oposición o grupo de goberno fai oposición a oposición e ise non é o camiño.
Non se esqueza que as traballadoras teñen familias, amigos, coñecidos, e sempre se comenta (e moita xente coméntame!, sen ir máis lonxe, a semana pasada unha moza que estivo de prácticas), iso de que... ¿o que saíu publicado? iso non é nada ao que alí pasa!.
Dáme que todo isto non é máis que outra acción premeditada para que si algún outro grupo da oposición saca das “presuntas” irregularidades vostedes xa lle botaron o salvavidas a alcaldesa. Porque dicir que os recibiron ben é absurdo, xa chegaría que a directora do centro de Día o velos chegar non os tratase ben, o cortés non quita o valente.