lunes, 15 de junio de 2009

Máis vale un que catro na oposición.

Onte saia na prensa as retribucións da oposición, o que cobran por pleno, por comisións etc,...

Sendo os importes os seguintes: (datos obtidos do Diario de Arousa do día 13 de xuño)






BNG PSOE VIPS

4 CONCELLEIROS 3 CONCELLEIROS 1 CONCELLEIRO
PLENOS 360,60 270,45 90,15
COMISIÓNS 270,45 180,30 90,15
POR CARGO/ MES 360,60 270,45 90,15



BNG PSOE VIPS
DATOS de 22 MESES 4 CONCELLEIROS 3 CONCELLEIROS 1 CONCELLEIRO
12 comisions xerais 3.245,00 2.163,60 1.081,00
18 comisións cuenta 4.868,00 3.245,40 1.622,00
10 comisións urbanismo 2.704,50 1.803,00 901,00
48 xerencias de urbanismo 12.981,00 8.654,00 4.927,00
24 plenos 8.654,00 6.490,00 2.163,00
Nº concelleiro*mes 7.933,00 5.949,00 1.983,00
Asigancion partido 2 anos 10.800,00 10.800,00 10.800,00
TOTAL 51.185,50 39.105,00 23.477,00

No diario de Arousa dise que estas cantidades corresponden dende xullo do 2007 ata maio do 2009:
BNG = 51.185,50 / 4 concelleiros = 12.796,38€
PSOE = 39.105,00 / 3 concelleiros = 13.035 €
VIPS = 23.477 / 1 concelleiro = 23.477 €


Visto o visto o grupo mixto con ter un representante gaña case o dobre que os outros concelleiros. Porque cantos menos concelleiros teña un partido na oposición máis gaña, para que logo o Sr, Rodriguez ande a voltas co que cobran o resto dos compañeiros de oposición, sae vostede e o seu partido bastante beneficiado deste sistema.

Tamén hai que sinalar que parte destas cantidades o concello as debe, cada ano estan orzamentadas pero dende que Catalina é alcaldesa inda non se fixeron efectivas, xa hai días que este tema saira na prensa Catalina dicindo que o PP ia renunciar a cobrar a cuota por partidos.
Dentro dun días colgarei os orzamentos do 2009 e vai haber algunha que outra sopresa con respeto o que cobran ou se deixa de cobrar.

Pero faime gracia escoitar moitas veces a Telmo solicitar un dedicación no concello de Pontevedra para poder exercer a laboura de oposición, en cambio aquí algún da oposición rompe as vestiduras falando do que cobran o resto dos compañeiros cando si comparamos o soldo desorbitado que cobran os do grupo de goberno coas meteduras de pata que comenten e a cantidade de asesores que hai que pagar a oposición ten dereito a cobrar e no meu entender inda che esta mal paga porque logo hai que andar a pedir días cando os plenos son as 10 da maña ou a unha, para as comisións, etc...