jueves, 18 de junio de 2009

Outra cafrada máis


¿Sabedes que obra vai custar 191.371,29€ sen IVE? Pois nada menos que os arranxos do aparcadoiro do porto de Sanxenxo.
Unhas reparacións dunha obra que foi inaugura en novembro do 2005 e que xa empeza a pedir reparacións.
O porto deportivo foi construído por Sercoysa e agora 4 anos despois necesita arranxos que vai custear o concello a través da sociedade Nauta Sanxenxo SL pero o que me parece máis grave é que se pague por algo que esta dentro do prazo da Garantía de Obra ou ¿acaso eximiron a esta empresa de dita garantía? Porque senón a única explicación é que o grupo de goberno non ten capacidade para esixir dita Garantía.
Pois con tanto viaxe a Santiago a alcaldes ben lle podería pedir ao Conselleiro Hernández que lle solventase o problema pois mellor conexión entre Sercoysa e concello creo que non a vai atopar. Claro que así volve deixar patente a sua falta de capacidade para xestionar os recursos do concello como para facer valer as garantías e os dereitos que ten o concello.

Pero para colmo inda queda o seguinte: “4.1.- O prazo de execución das obras será o que resulte da oferta do adxudicatario, sen que en ningún caso poida exceder de tres meses (3).
4.2.- O prazo de execución das obras contarase a partir do día seguinte á data de
formalización da acta de comprobación de replanteo, feito éste que se producirá dentro
dos dez días naturais seguintes ao de formalización do contrato administrativo.” é dicir que as obras comezaran en tempada alta de turistas, claro como xa hai tantas prazas de aparcadoiro non hai problema en anular algunhas para poñer os andamios e demais apeiros de traballo. Non pasa nada, así os turistas poderán ver que en Sanxenxo mellóranse os servizos, claro o que non saben é en que condicións.
Xa me gustaría saber a min si os 4 anos de ter os seus fogares o grupo de goberno e teñen problemas de obra estarían dispostos a pagar os amaños do seu bolsillo ou ben chamarían o construtor para que llos amañase a través da garantía, pero claro neste caso os cartos saldrían dos seus petos e hai doe pero no caso do aparcadoiro como son cartos de tódolos veciños pois pagan os desperfectos e así poden vender que grazas a súa xestión o aparcadoiro volve locer unha cara como a do primer día que se usou.
E Intervención ¿que di?