martes, 16 de junio de 2009

Conciliación

Agora que remata a escola e moitos pais temos que mirar como compatibilizar vida laboral con vida familiar. Por iso quero facerme eco da comparativo por concellos que fixo o Xornal Aturuxo onde explica a oferta de ludotecas e campamentos de cada concello e como non o de Sanxenxo.

Sobre Sanxenxo di o seguinte: “Sanxenxo é o lugar onde custa máis matricular un fillo neste tipo de servizos, aínda que é o horario é máis amplo (de 8.00 a 16.45 horas, con comedor de cátering) . O Concello denomina Paifillonai a actividade lúdico-educativa para nenos entre os tres e doce anos que se leva a cabo no CEIP POrtonovo. O período de inscrición xa rematou, cun total de 127 nenos admitidos

Pero en Ribadumia a situación é a seguinte: “Ribadumia é un dos municipios onde hai máis onde elixir. Por unha banda están as ludotecas de verán, que este ano, polas obras na Casa da Cultura, se desenvolverán no Centro Social de Leiro. Organizaranse por grupos de idade dous días á semana e serán totalmente gratuítas. Os rapaces poderán facer actividades ao aire libre, manualidades ou obradoiros. Outra das alternativas que ofrece este Concello de é a Escola de Ocio e Tempo Libre, que ofrece durante todo o ano e, durante os meses de vacacións, o horario é de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres. As actividades son semmellantes ás da ludoteca e o prezo é de 30 euros mensuais. ”

Como sempre en Sanxenxo seguimos facendo alarde de concello rico, que para iso subiron as cotas do programa PaiFilloNai este ano. Moito presumir para logo ver que na comarca do Salnés hai máis oferta e mellor xestión para conciliar familia e traballo.