viernes, 12 de junio de 2009

Obradoiros SI chiringuitos NON

Dende este blog dixen moitas veces que o concello de Sanxenxo debería crear obradoiros de emprego, que a política de emprego era nula en Sanxenxo, que mediante eses obradoiros poderíanse ter rehabilitado a Telleira, a Casa de Don Fernando, o Priorato, ... e o patrimonio artístico e cultural do concello, as fontes, lavadoiros, etc..

Alédome que o final entrasen en razón pero que a alcaldesa diga que esta iniciativa esta encadrada dentro da línea que o concello ven facendo para contratar persoal é do máis hipócrita que lin nos últimos meses porque para exemplo xa temos a contratación de máis persoal pero con menor salario, así o que garante o PP é asegurarse que cando levanten o teléfono para chamar a esas persoas que estiveron traballando honradamente recordarlles o favor que lles deben por contratalos en época de crise, logo enseguida na precampaña te chaman para cobrarche o favor. Si, así é, si antes tiñan a 40 debéndolles o favor agora van a ter a 80 polos mesmos cartos. Ou sempre poden facer como en Valencia “El Centro Integral de Inmigrantes Latinoamericanos de Castellón ha presentado una denuncia por un presunto fraude contra alrededor de 40 de sus miembros a los que se ofreció un puesto de trabajo a cambio de acudir al mitin electoral que el Partido Popular dio el pasado 2 de junio en la plaza de Toros de Valencia. ” (Xornal.com)


Agora agardemos que o obradoiro vaia a diante é realmente o usen para o fin o que esta destinado e non para un simple desbrozado da maleza que invade a Telleira.
Tamén hai que recordarlle a alcaldesa que en 11 anos que leva no goberno, tanto como concelleira e alcaldesa agora, xa ía sendo hora de que fixera unha iniciativa desde tipo se implantase en Sanxenxo porque no resto dos concellos da comarca levan tempo funcionando e con bos resultados so hai que mirar as rutas dos muíños, a restauración patrimonial, a rehabilitación de telleiras, etc..