FICHA DE ESTIMACION PRESUPOSTARIA PARA 2009 | |||
PATROCINIO OS CLUBS DEPORTIVOS FEDERADOS | |||
CONTIA | |||
CLUB OU ENTIDADE | 2009 | ||
A Lanzada Surf Club | 2.145,00 | ||
A. X. Saraiba do Mar | 1.566,00 | ||
C.C.D. Sanxenxo | 4.939,00 | ||
C. Piragüismo Portonovo | 2.500,00 | ||
Club Baloncesto Baltar | 3.823,00 | ||
Club Natación Sanxenxo | 1.335,00 | ||
Club Xuventude Sanxenxo | 5.050,00 | ||
Dorron CF | 2.863,00 | ||
Hnos Barbeito F.S. | 12.500,00 | ||
Libertad Sporting Club | 2.774,00 | ||
Noalla SD | 7.636,00 | ||
Pc Salvamento Sanxenxo | 6.225,00 | ||
Portonovo Futbol Sala | 2.684,00 | ||
Portonovo SD | 8.974,00 | ||
Sporting Club Portonovo | 2.010,00 | ||
Vilalonga CF | 5.171,00 | ||
TOTAL | 72.195,00 | ||
Para saber o que acontece arredor noso. O que sucede en Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga, Noalla, Nantes, Dorrón,Bordóns...
lunes, 29 de junio de 2009
Orzamentos 2009. Capitulo I: subvencións: III
sábado, 27 de junio de 2009
Orzamentos 2009. Capitulo I: subvencións II
FICHA DE ESTIMACION PRESUPOSTARIA PARA 2009 | |||
AXUDAS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS E XUVENIS | |||
CONTIA | CONTIA APROX | ||
CLUB OU ENTIDADE | 2008 | 2009 | |
A.D. Val do Salnes | 200,00 | 300,00 | |
A. X. Os Raposos | 900,00 | 900,00 | |
A. X. Saraiba do Mar | 250,00 | 300,00 | |
Baloncesto Portonovo | 400,00 | 0,00 | |
C.C.D. Sanxenxo | 17.400,00 | 17.400,00 | |
C.C.D. Vilalonga | 500,00 | 500,00 | |
C. Piragüismo Portonovo | 4.600,00 | 5.000,00 | |
C. Policia Local Sanxenxo | 250,00 | 250,00 | |
C. Xuventude Sanxenxo | 300,00 | 300,00 | |
Club Ciclista Corbelo | 400,00 | ||
Comisión Festas Vilalonga | 500,00 | 500,00 | |
Comisión Pro-mostra Cans | 500,00 | 500,00 | |
E. Congostra Team | 600,00 | 600,00 | |
Moto Club A. Moto | 300,00 | 300,00 | |
Pc Salvamento Sanxenxo | 1.500,00 | 1.500,00 | |
Portonovo S.D. | 300,00 | 800,00 | |
Real C. Naútico Sanxenxo | 2.500,00 | 2.500,00 | |
Sociedade de Caza A Lanzada | 400,00 | 400,00 | |
Veteranos P. Nieves | 600,00 | 0,00 | |
Veteranos Portonovo | 150,00 | ||
Veteranos Sanxenxo | 150,00 | ||
Veteranos Vilalonga | 150,00 | ||
Deportistas Individuais | 3.500,00 | 3.500,00 | |
TOTAL | 35.950,00 | 35.950,00 | |
viernes, 26 de junio de 2009
Orzamentos 2009. Capitulo I: subvencións
A partir de hoxe irei colgando o orzamento do 2009 no blog, o primer capítulo que tiña pensado colgar era salarios e Nauta xa que eran os temas da semana, pero creo que empezarei polo Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo.
SUBVENCIONS POR ACTIVIDADES CULTURAIS 2008-2009 | |||
ANO 2008 | ANO 2009 | ANO 2009 | |
NOME DA ASOCIACIÓN | POST-PAGABLE | PRE-PAGABLE | CONVENIO |
Circulo Cultural e Deportivo Sanxenxo | 1.000,00 | 1.000,00 | |
Asoc. Amigos da Dorna | 750,00 | 750,00 | |
Coro Club de Pensionistas de Sanxenxo | 400,00 | 400,00 | |
Asoc. Cultural Lembranzas | 800,00 | 800,00 | |
Asoc. Veciños de Dorrón | 900,00 | 900,00 | |
Asoc. Club de Xubilados de Nantes | 750,00 | 750,00 | |
Asoc. Xubilados de Noalla | 600,00 | 600,00 | |
Asoc. Comisión de Festas Carme de Noalla | 7.500,00 | 7.500,00 | 4.640,00 |
Asoc. Cultural Airiños da Lanzada | 950,00 | 950,00 | |
Asoc. MM.RR. Santa Catalina | 600,00 | 600,00 | |
Coro Parroquial S. Xines de Padriñan | 900,00 | 900,00 | |
Asoc. Comisión de Festas de Nantes | 2.600,00 | 2.600,00 | |
Asoc. Cultural Abiñadoira | 1.500,00 | 1.500,00 | 1.000,00 |
Coral Polifónica Sta María Adina | 885,00 | 885,00 | |
Asoc. Cultural S. Juan e Sta Ana de O Santo | 1.200,00 | 1.800,00 | |
Coro Parroquial San Estevan de Noalla | 600,00 | 600,00 | |
Comisión de Festas de Vilalonga | 13.000,00 | 13.000,00 | |
Asoc. MM.RR. A Candelaria | 750,00 | 750,00 | |
Asoc. Veciños de San Cristobal | 900,00 | 900,00 | |
Asoc. Veciños San Miguel de Adina | 900,00 | 900,00 | |
Asoc. Folclorica Os Gatiños | 850,00 | 850,00 | |
Asoc. Veciños A Capilla de Gondar | 600,00 | 600,00 | |
Asoc. Cultural San Pedro de Bordóns | 1.856,00 | ||
Asoc. Avante | 1.500,00 | 1.500,00 | |
Asoc. Cultural Artisitica de Dorrón | 800,00 | 800,00 | |
Asoc. Grupo de Teatro O Tarabelo | 1.500,00 | 1.500,00 | |
Asoc. Cultural San Cayetano de Arra | 5.220,00 | ||
Asoc. Cultural Comisión de Festas de Adina | 2.100,00 | ||
Asoc. Cultural Festa da Xiba | 5.000,00 | ||
Asoc. Comisión de Festas de Dorrón | 3.000,00 | ||
Asoc. Comisión de Festas San Cristobal | 18.000,00 | ||
Asoc. Cultural e Folclórica Os Cruceiros | 900,00 | 900,00 | 2.088,00 |
Centro Cultural de Nantes | 600,00 | 600,00 | |
Asoc. Comisión de Festas de Gondar | 1.300,00 | 1.300,00 | |
Asoc. Xuvenil e Cultural Os Raposos | 3.300,00 | 3.300,00 | |
Asoc. Teatro do Mar | 900,00 | 900,00 | |
Asoc. Club de Xubilados de Portonovo | 750,00 | 750,00 | |
Asoc. Veciños O Salnés | 900,00 | 900,00 | |
Asoc. MM.RR. Emilia Pardo Bazán | 650,00 | 650,00 | |
Asoc. Centro Cultural e Deport. De Vilalonga | 900,00 | 900,00 | |
TOTAL | 52.935,00 | 35.435,00 | 61.004,00 |
Estas son as culturais, maña colgarei as deportivas.
De 52.935 € que tiñan aprobados para as subvencións do 2008 resulta que o final podemos ver que pagaron 35.435 euros deses 52.935 correspondentes ao 2008 e logo a máis negociaron convenios con algunhas asociacións un importe total de 61.004 euros.
A diferencia esta en que algunhas asociacións non cobraron o do 2008 pero negociaron un convenio para este ano sabendo que así co que poden contar, e outras inda estan esperando a que resolvan canto lle van a subvencionar.
As preguntas son: ¿as subvencións danse por número de actividades? ¿por actividade das asociacións? ¿por cultura? ¿por nº de usuarios deses actos?
jueves, 25 de junio de 2009
O botellón de Montalvo
Onte a noite, noite de fogueiras na praia, fogueiras que por certo nas praias non se poden facer porque se emporcalla todo, en Montalvo formouse un macrobotellón en toda regra.
O tema era que uns DJ´s querían facer unha festa e como non había permiso vai a poli local e impide que se faga pero claro so prohibiron instalar unha carpa pero non disolveron a xente co cal ali formouse un macrobotellon.
Pero en Sanxenxo hai unha normativa anti-botellón, si de 5000 asistentes so puxeron unha decena de denuncias sobre protección da seguridade cidadá ¿onde quedaron as famosas identificacións anti-botellón?, ah claro o non tratarse de Silgar non pasa nada.
A festa durou ata as 8 da maña pois mira que tiñan tempiño dabondo para identificar, disolver e exisir o cumprimento da lei, pero claro onde vai a decena de poli locais que seguro que mandaron que dende as 8 da noite permitiron a concentración de xente, porque digo eu que baixar con bolsas de bebidas alcohólicas para a praia non seria para decorar a praia senón para consumir.
E si deixaron consumir os 100 primeiros claro que logo deberían deixar os restantes 4900.
Si pasa esto en Silgar chaman os antidisturbios e os geos para que disolvan o grupo, veñen os bombeiros e ata se fai falta o concelleiro de Seguridade Cidade ponse a confiscar a bebida, pero Montalvo é as aforas, e claro pensarían os rapaces mellor hai que polas rúas de
Portonovo, total queda as aforas.
Unha vez queda demostrado máis que hai zonas de primeira e zonas de segunda, zonas nas que a seguridade non falla e zonas nas que se pasan un pouco máis por alto as normativas.
Simplemente PATETICO, so podo dicir que todo isto paréceme PATETICO. Fan as normativas e logo non son capaces de levalas a cabo máis alo do quilómetro e pouco de Silgar e do Porto Deportivo.
domingo, 21 de junio de 2009
San Xoan
A miña sorpresa foi que o solicitar o permiso atópome con isto que hai que debuxar un plano de situación e cubrir un formulario en perfecto español. NON TEÑEN AS SOLICITUDES EN GALEGO a pesares de que a lei os obriga a telos nos dous idiomas, pois ambas linguas son oficiais.
Estranar non me estrana vendo todo o que esta ocorrendo coa famosa enquisa sobre o galego, para anular un decreto que eles mesmos aprobaron, e pregúntome eu si lle poño o nome de onde eu vivo en galego ¿saberán chegar? Porque a verdade e que me nego a traducir o nome de onde eu vivo tan soio porque queren todo en castelán.
Por iso lle recordo ao concello e a policía local que o seu deber é ter esa instancia tamén en galego, así que vaian tomando nota.
jueves, 18 de junio de 2009
Outra cafrada máis
Unhas reparacións dunha obra que foi inaugura en novembro do 2005 e que xa empeza a pedir reparacións.
O porto deportivo foi construído por Sercoysa e agora 4 anos despois necesita arranxos que vai custear o concello a través da sociedade Nauta Sanxenxo SL pero o que me parece máis grave é que se pague por algo que esta dentro do prazo da Garantía de Obra ou ¿acaso eximiron a esta empresa de dita garantía? Porque senón a única explicación é que o grupo de goberno non ten capacidade para esixir dita Garantía.
Pois con tanto viaxe a Santiago a alcaldes ben lle podería pedir ao Conselleiro Hernández que lle solventase o problema pois mellor conexión entre Sercoysa e concello creo que non a vai atopar. Claro que así volve deixar patente a sua falta de capacidade para xestionar os recursos do concello como para facer valer as garantías e os dereitos que ten o concello.
4.2.- O prazo de execución das obras contarase a partir do día seguinte á data de
formalización da acta de comprobación de replanteo, feito éste que se producirá dentro
Xa me gustaría saber a min si os 4 anos de ter os seus fogares o grupo de goberno e teñen problemas de obra estarían dispostos a pagar os amaños do seu bolsillo ou ben chamarían o construtor para que llos amañase a través da garantía, pero claro neste caso os cartos saldrían dos seus petos e hai doe pero no caso do aparcadoiro como son cartos de tódolos veciños pois pagan os desperfectos e así poden vender que grazas a súa xestión o aparcadoiro volve locer unha cara como a do primer día que se usou.
E Intervención ¿que di?
miércoles, 17 de junio de 2009
A precariedade e a axuda de Meaño
Hoxe tiveron lugar as entrevistas das persoas que foron seleccionadas para acceder a entrevista para optar a un dos 40 postos ofertados para a limpeza de praias. As probas tiveron lugar no Pazo Emilia Pardo Bazán, as preguntas que lle facían eran relativas a onde habían traballo antes outros o entrar so lle debía dar tempo a dicir ola e pouco máis pois non che tardaban nadiña en saír, e que claro malo seria que algúns dos 6 que conformaban as veces os tribunal de selección non os coñecera.
Pero ata aquí sería o normal neste tipo de procesos, pero unha vez que os seleccionen para eses postos han de saber que o soldo a percibir rolda os 400 € mensuais.
Claro que logo sae na prensa Salvador a dicir que o concello percibira 288.782,24 € para contratar a 15 peóns por 4 meses (100.818€); 12 persoas para o grumir: 3 capataces e 9 peóns durante 6 meses e medio (134.241,89€) e 15 socorristas durante 3 meses (72.525,15€) dentro do plan de Cooperación, plan no cal si vai haber un salario digno.
Pero logo atopámonos coa circunstancia que vai haber persoas contratadas para o mesmo servizo cunha diferencia salarial importante, porque aos 15 socorristas de dito plan sumaránselle os 59 que contrata o concello. ¿traballadores de primeira e de segunda?
Inda de que nos imos a estranar si agora ten que ir o alcalde de Meaño a solicitarlle a Hernández a depuradora para o polígono de Sanxenxo, xa sei que moitos diran que é porque Meaño ten previsto facer un polígono a continuación do de Sanxenxo, pero a realidade é que a depuradora mancomunada de Meaño non ten capacidade para os verquidos do polígono e o polígono precisa unha Edar para a sua posta en funcionamento ou ¿quererán usar o rio da Chanca como aliviadoiro?.
Sera que tanto paseo a Santiago da señora Alcaldesa, agora que aprendeu o camiño, se lle esqueceu pedir esto ou o mellor tiña pensado ir para a semana a consellería outra vez e darse unha volta pola capital.
Si o final terán que vir os alcaldes da comarca a recordarlle a alcaldesa as necesidades de Sanxenxo, debe ser que non se lle repiten a míudo.
martes, 16 de junio de 2009
Conciliación
Agora que remata a escola e moitos pais temos que mirar como compatibilizar vida laboral con vida familiar. Por iso quero facerme eco da comparativo por concellos que fixo o Xornal Aturuxo onde explica a oferta de ludotecas e campamentos de cada concello e como non o de Sanxenxo.
Sobre Sanxenxo di o seguinte: “Sanxenxo é o lugar onde custa máis matricular un fillo neste tipo de servizos, aínda que é o horario é máis amplo (de 8.00 a 16.45 horas, con comedor de cátering) . O Concello denomina Paifillonai a actividade lúdico-educativa para nenos entre os tres e doce anos que se leva a cabo no CEIP POrtonovo. O período de inscrición xa rematou, cun total de 127 nenos admitidos”
Pero en Ribadumia a situación é a seguinte: “Ribadumia é un dos municipios onde hai máis onde elixir. Por unha banda están as ludotecas de verán, que este ano, polas obras na Casa da Cultura, se desenvolverán no Centro Social de Leiro. Organizaranse por grupos de idade dous días á semana e serán totalmente gratuítas. Os rapaces poderán facer actividades ao aire libre, manualidades ou obradoiros. Outra das alternativas que ofrece este Concello de é a Escola de Ocio e Tempo Libre, que ofrece durante todo o ano e, durante os meses de vacacións, o horario é de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres. As actividades son semmellantes ás da ludoteca e o prezo é de 30 euros mensuais. ”
Como sempre en Sanxenxo seguimos facendo alarde de concello rico, que para iso subiron as cotas do programa PaiFilloNai este ano. Moito presumir para logo ver que na comarca do Salnés hai máis oferta e mellor xestión para conciliar familia e traballo.
lunes, 15 de junio de 2009
Máis vale un que catro na oposición.
Onte saia na prensa as retribucións da oposición, o que cobran por pleno, por comisións etc,...
Sendo os importes os seguintes: (datos obtidos do Diario de Arousa do día 13 de xuño)
BNG | PSOE | VIPS | |
4 CONCELLEIROS | 3 CONCELLEIROS | 1 CONCELLEIRO | |
PLENOS | 360,60 | 270,45 | 90,15 |
COMISIÓNS | 270,45 | 180,30 | 90,15 |
POR CARGO/ MES | 360,60 | 270,45 | 90,15 |
BNG | PSOE | VIPS | |
DATOS de 22 MESES | 4 CONCELLEIROS | 3 CONCELLEIROS | 1 CONCELLEIRO |
12 comisions xerais | 3.245,00 | 2.163,60 | 1.081,00 |
18 comisións cuenta | 4.868,00 | 3.245,40 | 1.622,00 |
10 comisións urbanismo | 2.704,50 | 1.803,00 | 901,00 |
48 xerencias de urbanismo | 12.981,00 | 8.654,00 | 4.927,00 |
24 plenos | 8.654,00 | 6.490,00 | 2.163,00 |
Nº concelleiro*mes | 7.933,00 | 5.949,00 | 1.983,00 |
Asigancion partido 2 anos | 10.800,00 | 10.800,00 | 10.800,00 |
TOTAL | 51.185,50 | 39.105,00 | 23.477,00 |
No diario de Arousa dise que estas cantidades corresponden dende xullo do 2007 ata maio do 2009:
BNG = 51.185,50 / 4 concelleiros = 12.796,38€ |
PSOE = 39.105,00 / 3 concelleiros = 13.035 € |
VIPS = 23.477 / 1 concelleiro = 23.477 € |
Tamén hai que sinalar que parte destas cantidades o concello as debe, cada ano estan orzamentadas pero dende que Catalina é alcaldesa inda non se fixeron efectivas, xa hai días que este tema saira na prensa Catalina dicindo que o PP ia renunciar a cobrar a cuota por partidos.
Dentro dun días colgarei os orzamentos do 2009 e vai haber algunha que outra sopresa con respeto o que cobran ou se deixa de cobrar.
Pero faime gracia escoitar moitas veces a Telmo solicitar un dedicación no concello de Pontevedra para poder exercer a laboura de oposición, en cambio aquí algún da oposición rompe as vestiduras falando do que cobran o resto dos compañeiros cando si comparamos o soldo desorbitado que cobran os do grupo de goberno coas meteduras de pata que comenten e a cantidade de asesores que hai que pagar a oposición ten dereito a cobrar e no meu entender inda che esta mal paga porque logo hai que andar a pedir días cando os plenos son as 10 da maña ou a unha, para as comisións, etc...
viernes, 12 de junio de 2009
Obradoiros SI chiringuitos NON
Alédome que o final entrasen en razón pero que a alcaldesa diga que esta iniciativa esta encadrada dentro da línea que o concello ven facendo para contratar persoal é do máis hipócrita que lin nos últimos meses porque para exemplo xa temos a contratación de máis persoal pero con menor salario, así o que garante o PP é asegurarse que cando levanten o teléfono para chamar a esas persoas que estiveron traballando honradamente recordarlles o favor que lles deben por contratalos en época de crise, logo enseguida na precampaña te chaman para cobrarche o favor. Si, así é, si antes tiñan a 40 debéndolles o favor agora van a ter a 80 polos mesmos cartos. Ou sempre poden facer como en Valencia “El Centro Integral de Inmigrantes Latinoamericanos de Castellón ha presentado una denuncia por un presunto fraude contra alrededor de 40 de sus miembros a los que se ofreció un puesto de trabajo a cambio de acudir al mitin electoral que el Partido Popular dio el pasado 2 de junio en la plaza de Toros de Valencia. ” (Xornal.com)
Agora agardemos que o obradoiro vaia a diante é realmente o usen para o fin o que esta destinado e non para un simple desbrozado da maleza que invade a Telleira.
Tamén hai que recordarlle a alcaldesa que en 11 anos que leva no goberno, tanto como concelleira e alcaldesa agora, xa ía sendo hora de que fixera unha iniciativa desde tipo se implantase en Sanxenxo porque no resto dos concellos da comarca levan tempo funcionando e con bos resultados so hai que mirar as rutas dos muíños, a restauración patrimonial, a rehabilitación de telleiras, etc..
miércoles, 10 de junio de 2009
Cando as apariencias enganan.
Hoxe lemos na prensa a noticia da visita do señor Rodríguez ao Centro de Día, acompañado polo señor González. Os dous percorren as instalacións (por decisión propia?) acompañados da directora. Ambos saen tan contentos do que alí viviron, que realizan unha marabillosa nota de prensa, na que reflicten de xeito "case creible" que o Centro de Día parécese a "os mundo de Iupi", no que todo o mundo é feliz e respírase concordia. Nese centro os problemas non existen, nin existiron nunca!.
Non entendo toda esta "pomada" que o señor Rodríguez “and company” pretenden darlle á señora alcaldesa ¿será algo pactado?, ¿estaremos ante o primeiro pacto de goberno?
Pero se lle esqueceu un "pequeniño" detalle ao señor Rodríguez: Ademais de falar coa directora, para saber o que pasa alí realmente, debería falar coas traballadoras que están, que estiveron, que fixeron prácticas alí, con familiares dos usuarios do Centro, cos familiares de usuarios que xa non están no centro, coa empresa concesionaria.... non sei como dicirlle, señor Rodríguez, iso de documentarse, INFORMARSE máis para ser máis imparcial.
E dígolle isto, porque non creo que a situación das traballadoras sexa tan "feliz" como vostede comenta. E todo isto non é nada novo, hai tempo que a ola a presión esta a punto de estourar, e cando estoure ¿cal van ser as consecuencias?
Hai unha cousa das que di que é certa: grazas ás traballadoras, ao seu traballo (ata ao mes no que non lle pagaron a nómina) conséguese as certificacións ano tras ano. Repito, grazas ás traballadoras.
E a pesar de ter un orzamento de 529.423,8 € nos orzamentos deste ano 2009 a empresa concesionaria, como agradecemento a ese esforzo por parte dás traballadoras, a empresa "supostamente" ( por aquilo das demandas xudiciais que tanto lle gustan á alcaldesa) redúcelles a xornada laboral a 6 horas diarias cunha perdida duns 300 € ao mes do seu soldo.
Señor Rodríguez.....¿vostede sabía isto?. ¿Que clase de oposición fai vostede? ¿a quen lle preguntou sobre o funcionamento do Centro de día? ¿A quen pretendía deixar quedar mal?
Se cre que este funcionamento é o adecuado, é que está de acordo coa precariedade laboral, esta de acordo a que as empresas sigan gañando a mesma cantidade que anos anteriores (non esquezamos que é diñeiro público!) e reduza gastos á conta da cotización e do soldo das traballadoras.
¿É así como vostede defende aos veciños e veciñas de Sanxenxo? ¿É así como defende aos traballadores? (bo, para exemplo a empresa Armarios Alonso!).
Ai, Señor Rodríguez, paréceme que vostede o que quere é facer méritos ante o PP, por aquilo que se oe que buscan substituto de Catalina.... Porque vostede máis que facer oposición o grupo de goberno fai oposición a oposición e ise non é o camiño.
Non se esqueza que as traballadoras teñen familias, amigos, coñecidos, e sempre se comenta (e moita xente coméntame!, sen ir máis lonxe, a semana pasada unha moza que estivo de prácticas), iso de que... ¿o que saíu publicado? iso non é nada ao que alí pasa!.
Dáme que todo isto non é máis que outra acción premeditada para que si algún outro grupo da oposición saca das “presuntas” irregularidades vostedes xa lle botaron o salvavidas a alcaldesa. Porque dicir que os recibiron ben é absurdo, xa chegaría que a directora do centro de Día o velos chegar non os tratase ben, o cortés non quita o valente.
martes, 9 de junio de 2009
Outra máis, e non será a última
“El juzgado insta al Concello a asegurarse de que las licencias concedidas «cumplan la normativa urbanística»" (A Voz de Galicia)
Seguimos sumando erro tras erro na xerencia, pero inda que a sentenza que sae hoxe nos medios de prensa e dos tempo de Encarna, actual Directora Xeral de Urbanismo, é unha máis de tantas.
«aún en el caso de conceder una licencia en forma conjunta para dos parcelas, se ocupe de asegurar que las obras que se licencian cumplen con la normativa urbanística de aplicación a estas dos parcelas, por separado» a ver si agora que llo din dende o xulgado se enteran, pagamoslle a un par de funcionarios que se presentan como Policía Urbanística, temos xerente de Urbanismo, avogados, técnicos, etc,... e siguen cometendo erro tras erro.
Agora máis que nunca entendese a presa que tiña Telmo antes de marchar de deixar cerrado o contrato dun gabinete xudírico para a xerencia, xa sabía o que viña encima.
Agora veremos como sae Angel na prensa xustificando este erro da Xerencia, sorprenderanos cunhas declaracións sin ton nin son.
Agardaremos a leelas, se as últimas xa eran “sobrenaturais” están teñen que ser o Cum Lauden dos comunicados de prensa.
miércoles, 3 de junio de 2009
Operación Sanxenxo: paga 2 e construe 1
Pero o proxecto inicial ía ter dos campos de fútbol e o custe era o mesmo ¿custa o mesmo facer un campo que dous? No meu entender dáme que non, pero parece que en Sanxenxo si, pero logo o intentan xustificar con que hai que facer muros de contención e facer movementos de terra, no proxecto anterior tiñan que urbanizar igual, pois o terreo non aumentou so disminue, co cal a urbanización do entorno había que facela igual, pero claro para que negociar outro orzamento e volver a ter que presupostar todo de novo, pagámoslle o mesmo a U.T.E na que se encontra SERCOYSA. Neste momento de crise hai empresas que pillarían a obra por menos cartos con tal de poder ter carga de traballo e ata o concello estaría en situación de poder incluír unha cláusula para que a empresa beneficiaria deste concurso se comprometese a contratar persoas paradas e así contribuír o fomento do emprego.
O que pasa é que aquí cando viron o anuncio dos hipermercados de pague 1 e leve 2 entenderonno o revés: pagamos 2 e facemos 1. Si é que o final lles fara falta tamén un coordinador de marquetíng e publicidade para comprender os anuncios que fan outras empresas. Si é que ata a grada inicial de 700 prazas pasa a ter 400 prazas, pero o custe mantense.
Pero aquí non, seguimos coa política do derroche: pagamos o mesmo por un campo que por dous, non miramos a maneira de reducir custes non vaia ser que a U.T.E se cabree e tampouco vaia ser o conto de que os empregados locais se lles aumente a carga de traballo o ter que revisar ese orzamento.
Isto parece a casa de Tócame Roque, dos responsables de Urbanismo xa non me espero nada pois o de traballar sóalle os “mundos de Iupi”, seguen na mesma liña da igual que estemos en crise, en bonanza ou mesmo que Sanxenxo estea a punto da quebra total eles mentres cobren.
Logo temos a super concelleira de Facenda que moito predicar a austeridade e nin se molesta a revisar este orzamento, así logo saen as contas.
Agora que tamén hai que ter valor para chamarlle Cidade Deportiva a un terreo cun campo de Fútbol, entón Baltar tamén é Cidade Deportiva, Noalla idem, Vilalonga idem, Dorrón idem, vamos que estamos cheos de Cidades Deportivas e non sen enterarnos. Claro que si lle engadimos unhas canastras, un lateral para practicar atletismo, un cachiño para un pequeno campo de balonmán ou de balón-volea ou mesmo unha pista de tenis, teríanlle que chamar a Super-cidade Deportiva ou o Nova Iork dos deportes en Sanxenxo. É que nesta era nova todo é Super: Super Delegado, Super Director,...
Que tomen nota de Concepción Arenal cando dícia:”O ruido das risas pasa. A forza dos razoamentos queda” pero neste grupo de goberno razoar pouco.
Pero para comparar os datos nada millor que ver as duas notas de prensa sobre o primer proxecto e mailo segundo.
http://www.sanxenxo.es/adjuntos/cEnlacesDescargas/175_2_ciudad.pdf
http://www.sanxenxo.es/?idMenu=66&int1=1109
Foto do primer proxecto: custe 1.771.926,88 euros.