lunes, 30 de junio de 2008

¿Montes vs adosados?

Esta fin de semana atopámonos con outro ¿informe desfavorable? e nada máis nin nada menos que do SU-14. É que claro o medio natural eche en moitos casos incompatible coas macro-urbanizacións.
Como ben se di no Diario de Arousa do sabado "o concello incumpliú o prazo fixado no PXOM para le desenvolver o plan parcial", a verdade é que estos dos prazos eche unha lata para que poñen unha data límite, eu voto por que se mire o tema pero tamén no tema de por unha data límite para pagar impostos, ou cumprimos todo ou ningún. Pero me fai graza ler cando din que a Xunta "non considera garantizada nin a viabilidade económica nin a técnica da actuación" e que nin o servizo de de saneamento está reforzado, as depuradoras seguen igual que hai anos e do problema do posibél abastecemento de auga será mellor nin falar. Menos mal que para regar o campo de golf se fara "pinga a pinga" inda que eso a fin de mes ¿canto suporá a factura do consumo de auga? xa no mes de febreiro na Voz de Galicia se dícia que este SU se ia retrasar ata o 2012., xa sei que o campo de golf vai no SU-13 pero os dous SUs provocan o mesmo impacto paisaxístico inda que o trece teña millores vista cara a Lanzada e o SU cara a Adigna, por iso o informe do SU-13 ¿será positivo ou negativo?
Hai tempo xa se dícia que esta non ia ser a única sorpresa e pouco a pouco saldrán máis informes deste tipo a luz, senón tempo o tempo.
O final quedamos sen pisos de protección oficial pero logramos un balcón o mar de ouro ¿o troco foi xusto?¿pisos de VPO ou miradores? e mentras tanto os eucaliptos medran de xeito desordenado e a maleza o cubre todo, eso chamase ter todo controlado para posibles riscos de incendios forestaís.
Agora comprendo a Tácito (historiador romano) cando dícia: "A verdade robustecese coa investigación e a dilación; a falsedade , co apresuramento e a incertidume." e eso sin deixar de mencionar como ben se di no Diario de Arousa "esta era a gran obra mestra da era de Telmo e Catalina" con herdanzas así e mellor que non se acorden dunha porque máis que alegrías parece que o documento da herdanza, tamén denominado PXOM, da máis dun disgusto e inda por riba algún gasto que outro en contenciosos.