Xa que as augas se van calmando e xa fai calor vou aproveitar para falar dun evento que vai ter lugar en Sanxenxo e da cal son gran afeccionada e que este ano se vai celebrar en Sanxenxo. Durante os días 27 e 28 de xuño vaise celebrar o XXVII Campionato de España de Pesca Submarina por Clubs .
Vanse achegar ata Sanxenxo algúns dos mellores campións do mundo desta disciplina e se prevee un centenar de participantes repartidos en equipos de 3 persoas. As zonas de competición abarcan dende Punta Cabicastro ata o cámping “Fin de Siglo” e tamén nunha zona de reserva dende a Punta de Areas ata Cabicastro.
Así que este fin de semana máis de unha zambullida dareime pois máis dun amigo se acercara par competir, por certo hai moitos anos que estou en posesión do Carne de Pesca Deportiva expedido pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Actividades deste tipo axudan a desestacionalizar o turismo e non as rifas que se fan, pois a este campionato non so veñen os participantes senón tamén familiares e outros submarinistas pertencentes a clubs participantes. Pois o importante é atraer a xente, que veñan aquí por algún motivo interesante, que se dean a coñecer outras alternativas a praia, tamén hai monte (cada vez menos), zona rural (un pouco deixada a man de non sei quen), rincóns con encanto e historia, ...