domingo, 8 de junio de 2008

¿Queimados?

Hai un estudo que di que o 73% dos traballadores estan estresados, é dicir, que 3 de cada 4 din “estar queimados” ou sofren acoso laboral no traballo.
Se trasladamos isto a concello a cifra pode quedarse moi curta tendo en conta os seguintes motivos e os sectores implicados:

  • Época estival: a moitos lles aumentas as tarefas, hai máis xente a que atender, máis reclamacións, máis mantemento e a contratación de persoal eventual ven sendo a mesma que os anos anteriores.
  • Botellón: este ano van a aprobar a normativa anti-botellón no cal a poli local vai ter que multar a todos aqueles que beban fora dos espazos permitidos e esto conleva un maior control da poboación xuvenil que ven de marcha a Sanxenxo e a Portonovo, pero ¿como o van a levar a cabo? Se temos en conta que os auxiliares non poden multar, nin “solicitar” que nos identifiquemos senón que teñen que chamar a un local para que o faga ¿hai tanto persoal para levar a cabo esta tarefa? Dame que non porque non creo que se adiquen a “queimar” os locais con horas extras a esgallo e mentres 3 estan en Baltar os rapaces estan no Porto Deportivo e o revés porque trucos haichos para despistalos, e se a medida ten un afán recaudatorio moito me temo que non vai dar resultado a menos que paguemos os que vivimos todo o ano aquí, porque a primeira vez é de aviso e comunicación das normal e a maioría da xente esta de paso.

  • Socorristas: as nosas praias estan dotadas de bandeiras azuis e iso esíxelles ter un mínimo de socorristas por praia, convocan 65 prazas pero non as cobren, co cal se plantexan ou volvelas a convocar ou outro tipo de accións, esperemos que non sexa que fagan horas extras porque un socorrista cansado e como non ter nada.

  • Persoal Servizos: que levan tempo reclamando que se lles convoquen as prazas de funcionarios e no verán o traballo veselles aumentado no dobre debido a que as praias hainas que limpar, as herbas crecen máis rápido e hai que cortalas máis a miúdo, logo hai unha chea de festas nas que hai que repartir material e claro a facer horas extras toca.

  • Turismo: como estamos nun municipio turístico aquí si que non teñen escusa posible para estar o pe do canon pois por desgracia so son 2 meses nos que realmente hai un pouco de traballo a máis.

Ata eu estou pensando en coller unha baixa por estres xa que parece que ben o bo tempo e vai sendo hora de gozar na praia porque logo empeza a chover porque se nos quitan a praia ¿que temos?