Para iso adxudican esa tarefa a OTERO FORESTAL por un importe de 199.442€, si que esto de cortar pinos ándache caro e menos mal que fan a aclaración de que a madeira cortada foi vendida. Pensándoo ben catro Vicaños máis e ata me fago fragueira, si fragueira que así tamén son coñecidos os madeireiros no gremio, pero claro terei que esperar 3 anos a montala para poder esconderme debaixo das ás dunha ave, como a gaivota por exemplo, pero a contrapartida esta que dentro de 3 anos poucos pinos quedaran por cortar sexan mortos, enfermos leves ou crónicos ou sans.
Menos mal que a alcaldesa dixo que a intervención en Vicaño era “non agresiva” que si chega a selo non queda nin rastro de flora vivinte e ademais tendo en conta que pensan facer un desmonte, iso sí, seica para pedir o permiso inda estan mirando a quen e que logo queda gardado nun caixón e claro logo cando piden explicacións o dano esta causado.
199.442 €, xa vexo eu botando contas os de Monte Faro, os de Granxa haber canto se revalorizaron os pinos nestes últimos meses, e logo estan os de Festiñanzo como tolos buscando as partidas de nacemento dos pinos que alí hai porque como sexan centenarios case que sae máis rentable vender os pinos que o terreo para facer chales. E que a crise seica afecta o ladrillo pero non os pinos, hai se o final os pinos van facer rico a máis dun, agora os fillos en vez de pedir solares na herdanza pediran pinares ou montes, mentres teñan árbores teñen bo patrimonio.
Maña xa me vexo na ferretería comprando unha motoserra e chamando a patronal da madeira para facer un cursillo intensivo de taladora e a vivir da madeira que é o futuro.