martes, 3 de junio de 2008

As cousas para telas hainas que manter

Agora que xa esta resolto o do enlace do polígono so falta que arranxen os desperfectos que hai para así o concello poder recepcionar os terreos, como se soe dicir faltan os amaños de última hora.

Entre a nave de Armarios Alonso e o polígono atopámonos co “Con da Romaiña” e logo dende el ata o limite do concello de Meaño temos un regato que no seu día foi acondicionado creando unha senda de paso que se urbanizaba o parque empresarial.
Xunto coa Ruta das Carballeiras (xa lle adicarei un capítulo máis adiante) e a senda de Noalla son as únicas zonas que se acondicionaron para o lecer por iniciativa privada ou pública.

Agora que hai unha partida para amañar Punta Vicaño, que hai 1.500.000€ para o enlace, que se vai amañar a estrada de Bordóns creo que tamén se pode quitar unha pequena partida para limpar o regato e a senda foi as cousas cando se fan requiren un mantemento pois soas non se limpan, ¿de que vale ter un senda se esta chea de maleza?

A verdade é que xa non a promocionan pero tamén é mellor así porque da pena ver como o que podía ser un atractivo turístico máis esta completamente abandonado o igual que o terreo que hai o carón do Con que no sei día plantaron carballos pero a herba case ten a mesma altura cas árbores. E sobretodo cando lemos na prensa que van acondicionar o regato que hai en “Major” creo que deberían ter en conta que a parte de acondicionar hai que manter.

E como a veces máis vale unha imaxe que mil palabras aquí vos poño algunhas das fotos desa senda por se alguen non a coñecía.