Xa chegou o calorciño a Sanxenxo, que para iso temos un microclima, e con elo empezan as colas nos supermercados (e para iso que cada vez son máis), as colas para coller auga na fonte de Fontoira (haber se amañan o resto para que haixa máis oferta), as colas nas prazas, as colas dos coches no depósito da grúa, as colas que fan os auxiliares, as colas para entrar en Sanxenxo porque seguimos coas mesmas rúas inda que anunciaran un plan para que as colas non se formasen, a falta de aparcamento se tes que ir a mercar a Sanxenxo.
Pero hai algo que me ten intrigada “TURISMO DE SANXENXO S.L., CON DUAS XX” segue inda sen XERENTE e para iso que estamos nun concello turístico, a empresa " leva tempo montada" ou mellor dito leva meses sendo promocionada e o xerente non da señais de vida, a verdade é que o pensando ben a mellor época para comezar a traballar é o inverno porque así case podes tratar os visitantes persoalmente e non como no verán que son milleiros e non das feito. Será tímido o pobre eu prometo darlle 6 meses de confianza antes de opinar da súa laboura.
E agora que xa temos unha sinal no Ártico indicando por onde se chega a Portonovo por iso aproveito para darlle a noraboa por esta fazaña é que por unha vez Sanxenxo saíu na prensa nacional por un feito bo e non como a nova que saia onte na TVG onde aparecían os maiores de Portonovo protestando porque debido as pendentes que as obras deixaron o seu paso non poden andar polas rúas.
Por iso hoxe máis que nunca vale a pena lembrar o que Charles Reade (escritor inglés) dicía: “Sembra un acto e recolleitarás un hábito. Sembra un hábito e recolleitarás un carácter. Sembra un carácter e recolleitarás un destino”