A figura do anónimo parece que cada día esta máis devaluada entre a sociedade, pois parece que dentro de pouco teremos que ir todos co DNI tatuado na fronte ou que os dedos antes de empezar a escribir poñan CHAMOME FULANITA E SON TAL, ou cando vaiamos a tomar algo a unha terrazita e comentemos unha noticia que salga na prensa teremos que dicir antes : SON FULANITA E VOU INTERPRETAR A NOTICIA.
Hoxe estáselle dando unha publicidade aos blogs locais a través da prensa que a golpe de luns nadie se esperaba, moitos estan a entrar a mirar o que se coce neles e toparanse cos típicos comentarios que se fan cando se comenta unha nova que sae en calquera medio, pero xa se sabe que hoxe por ti é maña por min.
As cousas amañanse falando, as veces con por unha sinxela frase xa esta solucionado. Non toda a xente posúe a verdade nin incluso a xustiza e eficaz o 100% pois algún caso xa se deu que o condenado era inocente. Porque xa hai un refrán que o di “o que ten boca equivocase” e o problema non esta no que se di, senón na falta de información por parte de quen corresponde dala.
A día de hoxe vivimos nun país con liberdade de expresión e moitos dos comentarios que aquí se fixeron, fixéronse estes días en calquera tertulia, en calquera reunión,...., e por iso non deixan de ser máis que comentarios, pero si houbo unha reflexión que escoitei o venres que si me fixo cabilar:
Preguntábanse porque na web do concello non estaba posta a nova da tala con toda a información. ¿Acaso se puxeran hai toda a información non se acabarían cos malentendidos?
De aí parte a confusión da maioría da xente, pois non todo o mundo ten acceso o rexistro mercantil e organismos similares, se de onde foi quitada a nova aparecesen os datos da empresa, pois si so concursou unha tampouco é tanto traballo colgar iso, ademais con por na resolución da alcaldía que a empresa da tala é de Pontevedra ou calquera outro dato máis xa estaba, porque o xogo de apelidos da para moito.
De todas todas na miña humilde opinión do artigo do Diario de Arousa de hoxe quédome cun par de párrafos que me chaman a atención: “Y es que Manuel Otero se define como “un home de partido”, pero al que no le duelen prendas en reconocer que no todo lo que ha hecho el Partido Popular en sus nueve años cumplidos el día 13 de junio, fecha de las elecciones del 99 han sido cosas positivas. “ e no que di: “Nin o BNG nin o PSOE nos perdonan que o PP conseguira a maioría absoluta, e é certo que en moitos círculos se me relaciona directamente con esa victoria”. Esto soname a recordatorio.
Cando todo estaba quedando xa no olvido, retomase o tema e de paso faise un repaso a estes últimos anos do urbanismo en Sanxenxo e dando datos que moitos descoñecían como o convenio da biblioteca ou temas similares, porque os datos son os datos e hainos que so o sabe a xente que esta dentro.
Pero de tódolos xeitos “o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra” eu si que non vou ser a primeira en facelo, por iso seguirei opinando, seguirei animando a xente a escribir, seguirei pedindo que se denuncie aquelo que nos afecta os veciños de a pé, todo elo dentro do respeto e sen insultos, porque a nos afectamos os problemas da vida real, os problemas que sufrimos a diario: a falta de garderías, os atascos, as malas prácticas, as promesas incumpridas, as prepotencias, a necesidade de servizos básicos, as diferencias entre parroquias, ..., por iso e por máis MEUS QUERIDOS ANÓNIMOS E NON ANÓNIMOS SEGAMOS FACENDO O QUE A NOSA RAZÓN NOS DITE, SEGAMOS DENUNCIANDO, SEGAMOS DEIXANDO CONSTANCIA DAS COUSAS QUE NON ESTAN BEN, SEGAMOS OPINANDO pois é un dereito que a constitución nos garantiza, porque cando se pon unha denuncia no concello para darche a información de quen a puxo cobranche e claro esto é un medio gratuito é público.
So me queda dicir para aqueles que non saben o enderezo de correo do blog en breve aparecerá para que serva de ferramenta de denuncia e de vía de comunicación directa.