Hoxe na Voz de Galicia volver saír o tema da tala dos pinos de Punta Vicaño e do que alí se está a facer e cun titular do máis significativo: “Ocultan con terra danos causados a pinos en Punta Vicaño” pero o que máis me chama a atención é que no proxecto según parece pensase replantar con especies autóctonas e co cal me pregunto eu ¿os pinos centenarios non son autóctonos ou estan de paso? Pero claro hoxe en día a tecnoloxía avanza a pasos axigantados entón o proceso de tala e o seguinte: cortase a árbore e logo unha máquina levanta a raíz e tapa o oco con terra de xeito que non deixa ningún rastro de que alí houbese un pino. Pero maña a prensa vaise achegar por Vicaño para quitar fotos os que non foron hoxe pero a partir de maña xa estarán facendo as bases para instalar os xogos infantís que os queren ter instalados para a semana que ven.
Pero hai uns días alguen me dicía que non miraba o Rexistro Mercantil enton decidín tomar boa nota do tema e porme a elo e así informarvos dos datos da empresa encargada da tala, e consulta tras consulta esto é o que aparece no REXISTRO MERCANTIL:
* OTERO FORESTAL SL: domicilio social en Pontevedra, capital social: 24.100 €, actividade: Selvicultura e explotación forestal. Data de creación: 28/03/2000. Administrador único: ERNESTO OTERO CASCALLAR dende 01/04/2004.
Ata aquí todo aclarado con respecto a quen realiza a tala, de quen é a empresa, de onde é, a que se adica, e espero que con isto non se nomee a personas alleas a esa empresa. Pero hoxe en día vivimos na era de internet en onde so é tirar un pouco do fio e podémonos atopar con noticias sorprendentes, todo é meter as palabras axeitadas nun buscador, pero seguindo con tema empresarial vou deixar un par de datos de outras empresas que mirei no rexistro mercantil:
* OBRAS TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRIA S.L.: domicilio social actual: pol. Ind. A Pedreira, 37 - MEAÑO. Domicilio anterior: Vista Alegre 6, MEAÑO. Data de creación: 15/11/2000 no rexistro aparece como apoderados: ERNESTO OTERO CASCALLAR, J. POMBO VIDAL. Administrador único: L. V. C.,..
* PAVIMENTOS MEAÑO SL: Domicilio social: Vista Alegre, 6 MEAÑO. Data de creación: 26/04/1995. Administrador único: J. POMBO VIDAL. Apoderada: L. V. C.. Ex-Administrador único: M. G. VARELA a data de 04/12/2000.
E vos preguntaredes algúns e todos estes nomes, estas empresas porque as poño. Pois moi sinxelo porque facendo memoria acordome dunha nova que saíu na Cadena SER o pasado 14 de outubro e que neste enlace que hai en internet http://comunidad.terra.es/forums/thread/4656420.aspx "presuntamente cuns datos verídicos" vos conta a historia de como un xuíz chamou a declarar a sete concelleiros.
E xa sabedes os datos publicados aquí son sacados do REXISTRO MERCANTIL e son públicos, eu simplemente voulles aforrar a moitos ir a consultar eses datos, para que logo digan que non traballo, o que pasa que a veces hai que deixar algo para un segundo capítulo, pero bueno por hoxe vouno deixar aquí que o neno haille que dar o colacao e pa cama.
Por certo unha última cousiña "presuntamente" somos culpables de ter opinión propia, "presuntamente" somos culpablés de confundirnos, "presuntamente" esta palabra vai ser moi usada "presuntamente"