
Inda que hoxe debería escribir sobre os orzamentos do 2008, da polémica do pleno ou mesmo da situación da policía local vou deixar estes temas para a semana e seguro vos preguntares ¿por que?
Pois moi sinxelo, recibín un correo pedíndome que o publicase, pois nese correo dase a solución a problemática do aparcadoiro en Sanxenxo, si como o lestedes, en Sanxenxo contase con novas prazas de aparcadoiro.
A persoa que me remite o correo atopábase onte as sobre as 10 da noite polo porto deportivo cando ve chegar dous autobuses con xente que acudía a unha voda o Real Club Náutico e claro como facía calor e andar con tacos se non se esta acostumada costa entón que mellor que que os autobuses os deixen na praza que esta situada enriba do aparcadoiro, así so é baixar unhas escaleiras e directos para o convite.
E claro segun se ve nas fotos e me contas a praza estaba chea de “cagadas” de gaivota e algunha de días, porque como non choveu estes días a praza esta chea de excrementos avícolas, e xa que a xente nin ten mobiliario nin se usa máis q
ue pas festas patronais pois que mellor que usala como APARCADOIRO, pero iso si, non un aparcadoiro calqueira porque non vexo eu aparcando a algún os seus audis, bmw, mercedes,..., que eses xa teñen reservados e a salvo de proxectis aéreos senón un aparcadoiro para todos aqueles que sufrimos cando temos que ir a Sanxenxo no verán e non temos onde deixar o coche para facer un recado de 10 minutos. Porque segun me comentan os autobuses non deixaron o persoal e se foron, senón que permaneceron alí aparcados, e digo eu ¿dan permiso para iso? ¿a voda era de alguén importante para usar a praza como parking? ¿é esta unha practica habitual? Non di a constitución que todos somos iguais POIS EU TAMEN TEÑO DEREITO A DEIXAR O COCHE ALI APARCADO mentres me vou tomar unha mirinda a calquera dos locais que por alí hai que pa iso pago impostos e aposto que a maioría que foron o convite sonche de calquer lado menos de Sanxenxo.
Moitas grazas a persoa que me pasou as fotos, pois a verdade e que con ese espazo como aparcadoiro tería unha utilidade real, pena que o “Palanquín” non poida botar a sesta a gusto con tanto ruído de tubo de escape.
