lunes, 30 de junio de 2008

¿Montes vs adosados?

Esta fin de semana atopámonos con outro ¿informe desfavorable? e nada máis nin nada menos que do SU-14. É que claro o medio natural eche en moitos casos incompatible coas macro-urbanizacións.
Como ben se di no Diario de Arousa do sabado "o concello incumpliú o prazo fixado no PXOM para le desenvolver o plan parcial", a verdade é que estos dos prazos eche unha lata para que poñen unha data límite, eu voto por que se mire o tema pero tamén no tema de por unha data límite para pagar impostos, ou cumprimos todo ou ningún. Pero me fai graza ler cando din que a Xunta "non considera garantizada nin a viabilidade económica nin a técnica da actuación" e que nin o servizo de de saneamento está reforzado, as depuradoras seguen igual que hai anos e do problema do posibél abastecemento de auga será mellor nin falar. Menos mal que para regar o campo de golf se fara "pinga a pinga" inda que eso a fin de mes ¿canto suporá a factura do consumo de auga? xa no mes de febreiro na Voz de Galicia se dícia que este SU se ia retrasar ata o 2012., xa sei que o campo de golf vai no SU-13 pero os dous SUs provocan o mesmo impacto paisaxístico inda que o trece teña millores vista cara a Lanzada e o SU cara a Adigna, por iso o informe do SU-13 ¿será positivo ou negativo?
Hai tempo xa se dícia que esta non ia ser a única sorpresa e pouco a pouco saldrán máis informes deste tipo a luz, senón tempo o tempo.
O final quedamos sen pisos de protección oficial pero logramos un balcón o mar de ouro ¿o troco foi xusto?¿pisos de VPO ou miradores? e mentras tanto os eucaliptos medran de xeito desordenado e a maleza o cubre todo, eso chamase ter todo controlado para posibles riscos de incendios forestaís.
Agora comprendo a Tácito (historiador romano) cando dícia: "A verdade robustecese coa investigación e a dilación; a falsedade , co apresuramento e a incertidume." e eso sin deixar de mencionar como ben se di no Diario de Arousa "esta era a gran obra mestra da era de Telmo e Catalina" con herdanzas así e mellor que non se acorden dunha porque máis que alegrías parece que o documento da herdanza, tamén denominado PXOM, da máis dun disgusto e inda por riba algún gasto que outro en contenciosos.

jueves, 26 de junio de 2008

Inda hai moito peixe no mar

Xa que as augas se van calmando e xa fai calor vou aproveitar para falar dun evento que vai ter lugar en Sanxenxo e da cal son gran afeccionada e que este ano se vai celebrar en Sanxenxo. Durante os días 27 e 28 de xuño vaise celebrar o XXVII Campionato de España de Pesca Submarina por Clubs .

Vanse achegar ata Sanxenxo algúns dos mellores campións do mundo desta disciplina e se prevee un centenar de participantes repartidos en equipos de 3 persoas. As zonas de competición abarcan dende Punta Cabicastro ata o cámping “Fin de Siglo” e tamén nunha zona de reserva dende a Punta de Areas ata Cabicastro.


Así que este fin de semana máis de unha zambullida dareime pois máis dun amigo se acercara par competir, por certo hai moitos anos que estou en posesión do Carne de Pesca Deportiva expedido pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.


Actividades deste tipo axudan a desestacionalizar o turismo e non as rifas que se fan, pois a este campionato non so veñen os participantes senón tamén familiares e outros submarinistas pertencentes a clubs participantes. Pois o importante é atraer a xente, que veñan aquí por algún motivo interesante, que se dean a coñecer outras alternativas a praia, tamén hai monte (cada vez menos), zona rural (un pouco deixada a man de non sei quen), rincóns con encanto e historia, ...


martes, 24 de junio de 2008

CONECTION VICAÑO. II

Hoxe na Voz de Galicia volver saír o tema da tala dos pinos de Punta Vicaño e do que alí se está a facer e cun titular do máis significativo: “Ocultan con terra danos causados a pinos en Punta Vicaño” pero o que máis me chama a atención é que no proxecto según parece pensase replantar con especies autóctonas e co cal me pregunto eu ¿os pinos centenarios non son autóctonos ou estan de paso? Pero claro hoxe en día a tecnoloxía avanza a pasos axigantados entón o proceso de tala e o seguinte: cortase a árbore e logo unha máquina levanta a raíz e tapa o oco con terra de xeito que non deixa ningún rastro de que alí houbese un pino. Pero maña a prensa vaise achegar por Vicaño para quitar fotos os que non foron hoxe pero a partir de maña xa estarán facendo as bases para instalar os xogos infantís que os queren ter instalados para a semana que ven.

Pero hai uns días alguen me dicía que non miraba o Rexistro Mercantil enton decidín tomar boa nota do tema e porme a elo e así informarvos dos datos da empresa encargada da tala, e consulta tras consulta esto é o que aparece no REXISTRO MERCANTIL:


* OTERO FORESTAL SL: domicilio social en Pontevedra, capital social: 24.100 €, actividade: Selvicultura e explotación forestal. Data de creación: 28/03/2000. Administrador único: ERNESTO OTERO CASCALLAR dende 01/04/2004.


Ata aquí todo aclarado con respecto a quen realiza a tala, de quen é a empresa, de onde é, a que se adica, e espero que con isto non se nomee a personas alleas a esa empresa. Pero hoxe en día vivimos na era de internet en onde so é tirar un pouco do fio e podémonos atopar con noticias sorprendentes, todo é meter as palabras axeitadas nun buscador, pero seguindo con tema empresarial vou deixar un par de datos de outras empresas que mirei no rexistro mercantil:


* OBRAS TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRIA S.L.: domicilio social actual: pol. Ind. A Pedreira, 37 - MEAÑO. Domicilio anterior: Vista Alegre 6, MEAÑO. Data de creación: 15/11/2000 no rexistro aparece como apoderados: ERNESTO OTERO CASCALLAR, J. POMBO VIDAL. Administrador único: L. V. C.,..


* PAVIMENTOS MEAÑO SL: Domicilio social: Vista Alegre, 6 MEAÑO. Data de creación: 26/04/1995. Administrador único: J. POMBO VIDAL. Apoderada: L. V. C.. Ex-Administrador único: M. G. VARELA a data de 04/12/2000.


E vos preguntaredes algúns e todos estes nomes, estas empresas porque as poño. Pois moi sinxelo porque facendo memoria acordome dunha nova que saíu na Cadena SER o pasado 14 de outubro e que neste enlace que hai en internet http://comunidad.terra.es/forums/thread/4656420.aspx "presuntamente cuns datos verídicos" vos conta a historia de como un xuíz chamou a declarar a sete concelleiros.

E xa sabedes os datos publicados aquí son sacados do REXISTRO MERCANTIL e son públicos, eu simplemente voulles aforrar a moitos ir a consultar eses datos, para que logo digan que non traballo, o que pasa que a veces hai que deixar algo para un segundo capítulo, pero bueno por hoxe vouno deixar aquí que o neno haille que dar o colacao e pa cama.


Por certo unha última cousiña "presuntamente" somos culpables de ter opinión propia, "presuntamente" somos culpablés de confundirnos, "presuntamente" esta palabra vai ser moi usada "presuntamente"

lunes, 23 de junio de 2008

Xa estamos nela

A figura do anónimo parece que cada día esta máis devaluada entre a sociedade, pois parece que dentro de pouco teremos que ir todos co DNI tatuado na fronte ou que os dedos antes de empezar a escribir poñan CHAMOME FULANITA E SON TAL, ou cando vaiamos a tomar algo a unha terrazita e comentemos unha noticia que salga na prensa teremos que dicir antes : SON FULANITA E VOU INTERPRETAR A NOTICIA.

Hoxe estáselle dando unha publicidade aos blogs locais a través da prensa que a golpe de luns nadie se esperaba, moitos estan a entrar a mirar o que se coce neles e toparanse cos típicos comentarios que se fan cando se comenta unha nova que sae en calquera medio, pero xa se sabe que hoxe por ti é maña por min.

As cousas amañanse falando, as veces con por unha sinxela frase xa esta solucionado. Non toda a xente posúe a verdade nin incluso a xustiza e eficaz o 100% pois algún caso xa se deu que o condenado era inocente. Porque xa hai un refrán que o di “o que ten boca equivocase” e o problema non esta no que se di, senón na falta de información por parte de quen corresponde dala.
A día de hoxe vivimos nun país con liberdade de expresión e moitos dos comentarios que aquí se fixeron, fixéronse estes días en calquera tertulia, en calquera reunión,...., e por iso non deixan de ser máis que comentarios, pero si houbo unha reflexión que escoitei o venres que si me fixo cabilar:

  • Preguntábanse porque na web do concello non estaba posta a nova da tala con toda a información. ¿Acaso se puxeran hai toda a información non se acabarían cos malentendidos?

De aí parte a confusión da maioría da xente, pois non todo o mundo ten acceso o rexistro mercantil e organismos similares, se de onde foi quitada a nova aparecesen os datos da empresa, pois si so concursou unha tampouco é tanto traballo colgar iso, ademais con por na resolución da alcaldía que a empresa da tala é de Pontevedra ou calquera outro dato máis xa estaba, porque o xogo de apelidos da para moito.

De todas todas na miña humilde opinión do artigo do Diario de Arousa de hoxe quédome cun par de párrafos que me chaman a atención: “Y es que Manuel Otero se define como “un home de partido”, pero al que no le duelen prendas en reconocer que no todo lo que ha hecho el Partido Popular en sus nueve años ­cumplidos el día 13 de junio, fecha de las elecciones del 99 han sido cosas positivas. “ e no que di:Nin o BNG nin o PSOE nos perdonan que o PP conseguira a maioría absoluta, e é certo que en moitos círculos se me relaciona directamente con esa victoria”. Esto soname a recordatorio.

Cando todo estaba quedando xa no olvido, retomase o tema e de paso faise un repaso a estes últimos anos do urbanismo en Sanxenxo e dando datos que moitos descoñecían como o convenio da biblioteca ou temas similares, porque os datos son os datos e hainos que so o sabe a xente que esta dentro.

Pero de tódolos xeitos “o que estea libre de pecado que tire a primeira pedra” eu si que non vou ser a primeira en facelo, por iso seguirei opinando, seguirei animando a xente a escribir, seguirei pedindo que se denuncie aquelo que nos afecta os veciños de a pé, todo elo dentro do respeto e sen insultos, porque a nos afectamos os problemas da vida real, os problemas que sufrimos a diario: a falta de garderías, os atascos, as malas prácticas, as promesas incumpridas, as prepotencias, a necesidade de servizos básicos, as diferencias entre parroquias, ..., por iso e por máis MEUS QUERIDOS ANÓNIMOS E NON ANÓNIMOS SEGAMOS FACENDO O QUE A NOSA RAZÓN NOS DITE, SEGAMOS DENUNCIANDO, SEGAMOS DEIXANDO CONSTANCIA DAS COUSAS QUE NON ESTAN BEN, SEGAMOS OPINANDO pois é un dereito que a constitución nos garantiza, porque cando se pon unha denuncia no concello para darche a información de quen a puxo cobranche e claro esto é un medio gratuito é público.

So me queda dicir para aqueles que non saben o enderezo de correo do blog en breve aparecerá para que serva de ferramenta de denuncia e de vía de comunicación directa.


sábado, 21 de junio de 2008

Novo aparcadoiro en Sanxenxo


Inda que hoxe debería escribir sobre os orzamentos do 2008, da polémica do pleno ou mesmo da situación da policía local vou deixar estes temas para a semana e seguro vos preguntares ¿por que?

Pois moi sinxelo, recibín un correo pedíndome que o publicase, pois nese correo dase a solución a problemática do aparcadoiro en Sanxenxo, si como o lestedes, en Sanxenxo contase con novas prazas de aparcadoiro.

A persoa que me remite o correo atopábase onte as sobre as 10 da noite polo porto deportivo cando ve chegar dous autobuses con xente que acudía a unha voda o Real Club Náutico e claro como facía calor e andar con tacos se non se esta acostumada costa entón que mellor que que os autobuses os deixen na praza que esta situada enriba do aparcadoiro, así so é baixar unhas escaleiras e directos para o convite.

E claro segun se ve nas fotos e me contas a praza estaba chea de “cagadas” de gaivota e algunha de días, porque como non choveu estes días a praza esta chea de excrementos avícolas, e xa que a xente nin ten mobiliario nin se usa máis que pas festas patronais pois que mellor que usala como APARCADOIRO, pero iso si, non un aparcadoiro calqueira porque non vexo eu aparcando a algún os seus audis, bmw, mercedes,..., que eses xa teñen reservados e a salvo de proxectis aéreos senón un aparcadoiro para todos aqueles que sufrimos cando temos que ir a Sanxenxo no verán e non temos onde deixar o coche para facer un recado de 10 minutos. Porque segun me comentan os autobuses non deixaron o persoal e se foron, senón que permaneceron alí aparcados, e digo eu ¿dan permiso para iso? ¿a voda era de alguén importante para usar a praza como parking? ¿é esta unha practica habitual? Non di a constitución que todos somos iguais POIS EU TAMEN TEÑO DEREITO A DEIXAR O COCHE ALI APARCADO mentres me vou tomar unha mirinda a calquera dos locais que por alí hai que pa iso pago impostos e aposto que a maioría que foron o convite sonche de calquer lado menos de Sanxenxo.

Moitas grazas a persoa que me pasou as fotos, pois a verdade e que con ese espazo como aparcadoiro tería unha utilidade real, pena que o “Palanquín” non poida botar a sesta a gusto con tanto ruído de tubo de escape.

jueves, 19 de junio de 2008

Hai, hai, hai madeira.


Parece que van a amañar Punta Vicaño pero atópanse cun grave problema: hai pinos, cedros e carballos centenarios. Algunhas estanche mortas e é normal eliminalas e outras estan “enfermas” e para que gastar en curalas e aumentar así o gasto farmacéutico podéndose atallar o problema cortando polo san, nunca mellor dito e algunha que outra san que estorba.

Para iso adxudican esa tarefa a OTERO FORESTAL por un importe de 199.442€, si que esto de cortar pinos ándache caro e menos mal que fan a aclaración de que a madeira cortada foi vendida. Pensándoo ben catro Vicaños máis e ata me fago fragueira, si fragueira que así tamén son coñecidos os madeireiros no gremio, pero claro terei que esperar 3 anos a montala para poder esconderme debaixo das ás dunha ave, como a gaivota por exemplo, pero a contrapartida esta que dentro de 3 anos poucos pinos quedaran por cortar sexan mortos, enfermos leves ou crónicos ou sans.

Menos mal que a alcaldesa dixo que a intervención en Vicaño era “non agresiva” que si chega a selo non queda nin rastro de flora vivinte e ademais tendo en conta que pensan facer un desmonte, iso sí, seica para pedir o permiso inda estan mirando a quen e que logo queda gardado nun caixón e claro logo cando piden explicacións o dano esta causado.

199.442 €, xa vexo eu botando contas os de Monte Faro, os de Granxa haber canto se revalorizaron os pinos nestes últimos meses, e logo estan os de Festiñanzo como tolos buscando as partidas de nacemento dos pinos que alí hai porque como sexan centenarios case que sae máis rentable vender os pinos que o terreo para facer chales. E que a crise seica afecta o ladrillo pero non os pinos, hai se o final os pinos van facer rico a máis dun, agora os fillos en vez de pedir solares na herdanza pediran pinares ou montes, mentres teñan árbores teñen bo patrimonio.

Maña xa me vexo na ferretería comprando unha motoserra e chamando a patronal da madeira para facer un cursillo intensivo de taladora e a vivir da madeira que é o futuro.

jueves, 12 de junio de 2008

Colas

Xa chegou o calorciño a Sanxenxo, que para iso temos un microclima, e con elo empezan as colas nos supermercados (e para iso que cada vez son máis), as colas para coller auga na fonte de Fontoira (haber se amañan o resto para que haixa máis oferta), as colas nas prazas, as colas dos coches no depósito da grúa, as colas que fan os auxiliares, as colas para entrar en Sanxenxo porque seguimos coas mesmas rúas inda que anunciaran un plan para que as colas non se formasen, a falta de aparcamento se tes que ir a mercar a Sanxenxo.

Pero hai algo que me ten intrigada “TURISMO DE SANXENXO S.L., CON DUAS XX” segue inda sen XERENTE e para iso que estamos nun concello turístico, a empresa " leva tempo montada" ou mellor dito leva meses sendo promocionada e o xerente non da señais de vida, a verdade é que o pensando ben a mellor época para comezar a traballar é o inverno porque así case podes tratar os visitantes persoalmente e non como no verán que son milleiros e non das feito. Será tímido o pobre eu prometo darlle 6 meses de confianza antes de opinar da súa laboura.

E agora que xa temos unha sinal no Ártico indicando por onde se chega a Portonovo por iso aproveito para darlle a noraboa por esta fazaña é que por unha vez Sanxenxo saíu na prensa nacional por un feito bo e non como a nova que saia onte na TVG onde aparecían os maiores de Portonovo protestando porque debido as pendentes que as obras deixaron o seu paso non poden andar polas rúas.

Por iso hoxe máis que nunca vale a pena lembrar o que Charles Reade (escritor inglés) dicía: “Sembra un acto e recolleitarás un hábito. Sembra un hábito e recolleitarás un carácter. Sembra un carácter e recolleitarás un destino”

domingo, 8 de junio de 2008

¿Queimados?

Hai un estudo que di que o 73% dos traballadores estan estresados, é dicir, que 3 de cada 4 din “estar queimados” ou sofren acoso laboral no traballo.
Se trasladamos isto a concello a cifra pode quedarse moi curta tendo en conta os seguintes motivos e os sectores implicados:

  • Época estival: a moitos lles aumentas as tarefas, hai máis xente a que atender, máis reclamacións, máis mantemento e a contratación de persoal eventual ven sendo a mesma que os anos anteriores.
  • Botellón: este ano van a aprobar a normativa anti-botellón no cal a poli local vai ter que multar a todos aqueles que beban fora dos espazos permitidos e esto conleva un maior control da poboación xuvenil que ven de marcha a Sanxenxo e a Portonovo, pero ¿como o van a levar a cabo? Se temos en conta que os auxiliares non poden multar, nin “solicitar” que nos identifiquemos senón que teñen que chamar a un local para que o faga ¿hai tanto persoal para levar a cabo esta tarefa? Dame que non porque non creo que se adiquen a “queimar” os locais con horas extras a esgallo e mentres 3 estan en Baltar os rapaces estan no Porto Deportivo e o revés porque trucos haichos para despistalos, e se a medida ten un afán recaudatorio moito me temo que non vai dar resultado a menos que paguemos os que vivimos todo o ano aquí, porque a primeira vez é de aviso e comunicación das normal e a maioría da xente esta de paso.

  • Socorristas: as nosas praias estan dotadas de bandeiras azuis e iso esíxelles ter un mínimo de socorristas por praia, convocan 65 prazas pero non as cobren, co cal se plantexan ou volvelas a convocar ou outro tipo de accións, esperemos que non sexa que fagan horas extras porque un socorrista cansado e como non ter nada.

  • Persoal Servizos: que levan tempo reclamando que se lles convoquen as prazas de funcionarios e no verán o traballo veselles aumentado no dobre debido a que as praias hainas que limpar, as herbas crecen máis rápido e hai que cortalas máis a miúdo, logo hai unha chea de festas nas que hai que repartir material e claro a facer horas extras toca.

  • Turismo: como estamos nun municipio turístico aquí si que non teñen escusa posible para estar o pe do canon pois por desgracia so son 2 meses nos que realmente hai un pouco de traballo a máis.

Ata eu estou pensando en coller unha baixa por estres xa que parece que ben o bo tempo e vai sendo hora de gozar na praia porque logo empeza a chover porque se nos quitan a praia ¿que temos?

martes, 3 de junio de 2008

As cousas para telas hainas que manter

Agora que xa esta resolto o do enlace do polígono so falta que arranxen os desperfectos que hai para así o concello poder recepcionar os terreos, como se soe dicir faltan os amaños de última hora.

Entre a nave de Armarios Alonso e o polígono atopámonos co “Con da Romaiña” e logo dende el ata o limite do concello de Meaño temos un regato que no seu día foi acondicionado creando unha senda de paso que se urbanizaba o parque empresarial.
Xunto coa Ruta das Carballeiras (xa lle adicarei un capítulo máis adiante) e a senda de Noalla son as únicas zonas que se acondicionaron para o lecer por iniciativa privada ou pública.

Agora que hai unha partida para amañar Punta Vicaño, que hai 1.500.000€ para o enlace, que se vai amañar a estrada de Bordóns creo que tamén se pode quitar unha pequena partida para limpar o regato e a senda foi as cousas cando se fan requiren un mantemento pois soas non se limpan, ¿de que vale ter un senda se esta chea de maleza?

A verdade é que xa non a promocionan pero tamén é mellor así porque da pena ver como o que podía ser un atractivo turístico máis esta completamente abandonado o igual que o terreo que hai o carón do Con que no sei día plantaron carballos pero a herba case ten a mesma altura cas árbores. E sobretodo cando lemos na prensa que van acondicionar o regato que hai en “Major” creo que deberían ter en conta que a parte de acondicionar hai que manter.

E como a veces máis vale unha imaxe que mil palabras aquí vos poño algunhas das fotos desa senda por se alguen non a coñecía.