Onte estiven no pleno , ese pleno no que os veciños de Sanxenxo dende o venres decian que habia que acudir, que habia que deixar patente a indignación do pobo, que eses soldos non se debian permitir, e unha longa serie de manifestacións algunhas incluso con formato de protesta mediante diversos actos,..... o chegar a hora no salon de plenos non se superaban a docena de veciños descontando a prensa.
O chegar o punto en cuestión, e dicir, OS SOLDOS, chegaron as xustificacións, despois das intervencións da oposición naturalmente en contra o portavoz do PP, Angel Casal, dou lectura a replica, si como leedes lectura, pois sen a chuleta non sabria como explicar semellante aberración: O soldo da alcaldesa, 78.000€ brutos, se lle descontamos a seguridade social (eu creia que este gasto corria a cargo da empresa, o concello, polo menos onde a min sempre mo pagou a empresa), o irpf (que debe pagar o máximo permitido) pouco lle queda, e despois hai que descontarlle o 60% dos gastos que corresponde a representación do concello, co cal o final ben cobrando case o mesmo que unha auxiliar administrativa do concello entre uns 1.200 a 1.600€ .
Si veciños, a maior parte do soldo vaille en traxes, invitacións, festas, cuchipandas, viaxes (a Arxentina, a Madrid,...), porque o concello de Sanxenxo e moi dinámico. Pobre, se ata me dou pena que con ese soldo so lle da para mercar roupa os luns e os xoves no mercadillo de Portonovo para podernos representar con dignidade, se o sei antes inda propoño facer unha colecta mensual para que poida ir mercar a Adolfo Dominguez, Roberto Verino, Zara,....
Pero esto non remata aqui, na intervención da rica alcadesa dixo que habia funcionarios no concello de Sanxenxo que superaban ese soldo polo que cobrar un 1€ máis do que cobra o funcionario mellor pagado seria imperdoable e abusivo. E por alusions o bo de Pepiño, osease o interventor soio pudo mirala como dicindolle e a ti que lle importa o que cobro eu.
Xustificacións do resto: a alcadesa esixelle os concellais que teñen que estar a disposición dos veciños as 24 horas do día, como por exemplo no caso de Angel que non tiña ningúnha fin de seman libre porque todolos eventos deportivos cadran eses días, conclusion: os veciños temos a culpa de que o pobre rapaz non tivera un fin de seman libre porque soio a nos se nos ocurre votar unha pachanga o domingo a mañan, acudir a convocatoria dun curso de hípica da Omix un sabado pola maña e non digamos que os do RCN de Sanxenxo saen a ver que veleiro navega máis rapido entre o venres ao domingo. Compensación: subirlle os soldo dende os 24.000€ a 56.300€.
E sobre o resto mesmo POUCO INTERESE POLO BEN DOS VECIÑOS PERO OS PETOS A REBOSAR GRAZAS OS SEUS VOTANTES. Eso si o mellor era verlles a cara de "eu non teño a culpa, o soldo foi idea de Cati e eu non ia decirlle que non. Eu soio fago o que me mandan que para iso me van pagar."