jueves, 19 de julio de 2007

Los "protectores" del verano


Si, ese é o titulo do articulo que o Diario de Arousa lle dedica os auxiliares da Policía Local.
Este ano contrataronse 34 auxiliares, menos que noutros anos, será porque como vivimos nun sitio seguro xa non fan falla tantos.
A entrevista a algún deles non ten perdida como cando di "Sin embargo cuando un ciudadano requiere tu ayuda debes atenderlo aunque sea solo", pois claro rapaz que para iso che pagamos os veciños para traballar e resolver os problemas non soio para pasear nas motos, atoparos a 3 de chachara nos cruces, que provocades máis retencións vos que hacienda cos soldos da corporación. Continua dicindo que "la gente deja sus pertenencias en las toallas y cuando vuelven del baño los han desvalijados" pois non quereredes que se bañen con todo posto, ou será que non vos gusta baixar a praia para firmar un parte de denuncia, claro co calor que fai o boligrafo resbala no parte a ainda por riba pasan as raparigas cos bikinis e non sabedes se quedar, se tramitar a denuncia ou facer un recoñecemento. O que eu me pregunto é ¿en Silgar hai sitio paa un caco? pois tal como esta a praia que para estirar a toalla hai que pedir vez, pillanno antes de que rodee a toalla. Segue dicindo que " los usuarios aparcamos en el primer sitio que les parece sin pensar en las consecuencias" claro é que como temos tantas plazas de aparcamento que se tes que facer un recado e mellor que o deixes para o mes de setembro porque o máis seguro é que o faga e que a volta te topes cun regalo de parte deles. Pero o mellor é cando afirma que "hacemos de todo, desde denuncias de tráfico hasta de urbanismo, es un municipio que en verano da bastante trabajo" é que se non dera traballo supoño que non vos contratarían, ou queriades ter un soldo sen pegar pancada, claro como logo vos mandan facer controis de alcoholemia polos camiños do rural, que para eso si se acordan que existen pois por algúns non pasaron en anos nin para asfaltalos nin para usalos, e unha sae de traballar cansa as 2 da maña dun bar, dun hotel, dun restaurante, ..... e topas a 3 auxiliares e a 2 ou 3 locais que che mandan parar para que soples e ti lle dices que ves de traballar e pasan de ti, todo sea pola recaudación e logo inda por riba che dicen que teñas boa noite será porque co cabreo que levas seguro que tes pesadelos con todos eles.
Salvador afirma "que tenemos un nivel policial muy alto y bien considerado por otros municipios" será polo de Catoira que non ten policía local e algún concello similar ou será polo orzamento destinado para a contración dos auxiliares que ascende a 161500€ que divididos entre 34 e dividido entre 3 meses que lles dura o contrato saen sobre uns 1500€, pero seguro que logo lle restan o 60% de gastos de representación: compra de gorras, de grilletes, a crema para o sol,...

Se o final de todo case me vou a solidarizarme con eles pois cumplen co seu deber e os veciños somos uns desconsiderados que o único que facemos e protestas e cargalos de traballo, co ben que estarian na praia tomando o sol e non todo o día tocando o pito, que por certo entre o reloxo do concello e os dichosos pitos en Sanxenxo non fai falla despertador, facendo excursión o rural, que lle preguntas por algunha rúa e teñen que consultar o mapa para saber onde queda e non lle preguntes onde queda Cuspedriños, A Laxe, O Cutiño que seguro nos mandan a Portugal ou a algún lugar do interior de Lugo