Despois de ler varios artigos de opinion, noticias en varios periodicos, comentarios da rúa,... soio chego a unha conclusión, "Temos o que nos merecemos", este dito ben reflexa o que pasa neste pobo, agora xente militante do PP di que o soldo dos seus representantes e insultante po resto dos veciños pero dinno coa boca pequecha. Na columna do diario de Pontevedra de onte Manuel Javois di: "Se tratade imprimir un nuevo estilo, diferente al ocultismo de Amancio Ortega o la frialdad de Alicia Koplowitz. Cati: forrada, pero muy cercana." E mentras o resto dos xovenes vemonos e desexamonos para acadar un emprego, unha vivenda digna pero moito me temo que noutro concello. Agora comprendo os precios de Insula, a falta de servicios básicos, a escasez de actos culturais, o pouco interese polo benestar dos veciños, a insuficiencia de servicios sociais, un turismo estacional, unhas instalacions obseletas e as novas pechadas por falla de uso.
¿Cal é a aspiración de Cati? Gañar o suficiente estés catro anos a conta de todos nos? Eu ilusa de min que creia que ser alcalde era polo ben dos que te elixian, pero agora esta claro "Ser alcalde é polo ben económico do propio alcalde"
Agora comprendo a viaxe a Arxentina, as grandes pulpadas da campaña, o servizo de taxi o día das votacións, o peche de camiños polas obras dalgúns concellais, a compra de punta Vicaño con festa incluida, .... se aqui todo vale con tal de asegurar un futuro rico a conta dos pobres contribuientes que pagan relixiosamente os seus impostos para que 9 persoas se lucren durante os próximos 4 anos.
Hoxe as 8:30 é o pleno onde todo o pobo deberia asistir tan soio para ver con que caran van a xustificar semellantes soldos, porque se a única razón é a de que teñen a maioria absoluta e que van facer o que lles veñan en gaña, esto soio vai a se a punta dun iceberg que nos vai a deparar verdadeiras calamidades, inxustizas, desfeitas,..... para o noso concello.
Dende aqui soio me queda decir que non hai que terlle medo a liberdade de expresión, que as verdades tarde ou cedo vannos estourar na cara, que se deixe o pasotismo ante as eleccións e que si non estamos de acordo aproveitemos todalas oportunidades que nos brinda o sistema para cambiar o rumbo do noso pobo.