Xa comenza a pasar factura a dedicación exclusiva a algún concellal, pois é o caso de Angel que anda coa man escaiolada.
O venres pola tardiña rompeu a "muñeca" o que non se sabe é como foi, ¿sería de tanto traballar? pois como ben sabes o xoves e o venres estivo de "Alcalde en funcións" pois Cati andaba polo norte de España con Almudena.
Asi que Angel tivo que atender a alcaldía e a urbanismo co que supon un doble esforzo pois teria que firmar o doble de papeis, por o seu primeiro anuncio no boletín oficial da provincia, recibir algún que outro promotor, atender o teléfono,...., e claro a man de tanto esforzo e falla de costume dixo ata aqui, que o fin de seman o collia libre e para elo nada mellor que un bo protector de escaiola, ¿sabria como aprobeitalo? xa que unha das xustificacións da suba do seu soldo foi que non tiña ningunha fin de semana libre, pois que pronto empeza a collelas.
O que non se sabe é si colleu unha baixa ou non, ¿se segue dispoñible as 24 horas do día ou temos que chamar a outro por si surxe algún imprevisto?.
Os que estiveron tranquilos serian os donos dos pafetos de Portonovo pois este fin de semana seguro que non recibiron a visita de Angel e Tino xunto con media plantilla da local para que pecharan os locais como fixeron o sabado 14, Angel se queres ir de marcha avisa pois esa non é forma, pero o importante e ir facendo amigos.
Ah, por certo antes de que se me olvide xa lle van dar uso a Telleira. Si, vanlle dar clases de informática os xubilados, pois ali hai unha aula de informática equipada e claro hai que darlle uso, sobretodo agora que os accesos estan acondicionados, ten aparcamento (sempre e cando non chova), esta centrica para que os xubilados non teñar que camiñar,....