Seria un bo eslogan para un programa de actividades sempre e cando se entregase a tempo e o contido do mesmo fose novidoso.
Pois si, hoxe atopei un folleto da programación que o departamento de Cultura preparou para este verán, como sempre a tempo, hoxe estamos a 18 e varios dos eventos xa pasaron e inda por riba este ano non teñen a delicadeza de enviarnolos a casa, debe ser porque non hai presuposto para selos de correo, de todas formas chegariannos tarde coma todolós anos.
Botandonlle unha visual aparte das festas patronais (que esas coñecemolas todos), as sesións de cine, e un par de concertos destacando o de Marful e porque o patrocina Caixa Galicia e o de Berrogüeto por Caixanova e a Deputación, de novedades nada de nada, coma sempre se queremos actos, concertos, .... orixinais temonos que acercar a outros concellos porque no noso as ideas parecen estar esgotadas e as mentes culturais non son capaces nin de copiar ideas ou será que coma teñen o traballo feito dun ano para outro xa non se molestan en discurrir, total con cambiarlle as datas e editar o calendario de festas nun formato novo traballo cumplido, e a descansar ata o día 25 que se hai que por a asar as sardiñas non vaia ser que po ano non veñan turistas. E por certo non aparece por ningún lado o/a gran artista das festas de Santa Rosalía que como ven sabedes soe ser do último que sona la lista de exitos, pero o que non sei e de onde quitan a lista.
Bueno como novidade destaca un curso de astronomìa, pero ¿de que tipo? económico, cultural,... porque a máis dun do concello boa falla lle fai poñer os pes na terra que últimamente andan subidos na pola (e precisamente non é na da pereira centenaria que cortaron en Vilalonga).
Acabo de darme conta porque non hai unha programación cultural ampla, novedosa, orixinal,..... porque senon os concelleiros terian que traballar os fins de semana e non terian nin un día libre e pedirían un aumento de soldo para compensar o esforzo feito e non poder estrear o bikini nin o bañador na praia de Silgar e menos mal que van a estar dispoñibles as 24 horas do día (o día ainda non se sabe pois non o confirmaron).