viernes, 6 de julio de 2007

Vaia soldo se manexa Cati e o resto

Hoxe aparece na Voz de Galicia un articulo sobre o soldo de Catalina nada máis nin
nada menos que 5.600€ o mes:

"la regidora de la capital turística de las Rías Baixas percibirá un total de
78.400 euros, mientras que el presidente de la Diputación se quedaría en 77.988 euros
y el alcalde de Pontevedra en 64.600."


Agora non me extraña que empece a cargarse a todo aquel que lle fixo sombra ou pretende facerlla, porque ese soldo non o vai a cobrar en ningún outro lado.
E nos, pobre veciños que non temos nin un can, nin chegamos os 1.400€ que fan falla
para un dos famosos pisos de Insula, sempre e cando os fagan porque a este ritmo os
que se ian facer en Sanxenxo xa non se pode.

Angel e Paz pasan a cobrar 54.600; Almudena 43.050; Martín 43.750;
todos eles con dedicación exclusiva. Salvador, Tino, Illa e Susana cobraran 40.600 por dedicación parcial
porque teñen que ocuparse tamen dos seus negocios ou profesión actuais.
Agora comprendo a suba dos impostos, a falla de servicios básicos, a prepotencia,.....

Saúdos