Cada día sorprendome máis da delicadeza coa que nos trata o concello ao sector da hostelería e dentro de este o pequeno hostaleiro, aparte do da construcción, quen a parte de nos ten máis movemento social, económico e laboral neste municipio.
Sorprendeme que por parte do colectivo que nos representa e do cal moitos dos que nos adicamos a este sector pertencemos a él: o CETS que a día de hoxe inda non respostaran as novas medidas que tomou o concello.
Nas miñas mans leva varios días unha carta firmada polo concelleiro de Medio Ambiente, Manuel López, máis coñecido como Illa, informandonos do horario da recollida do lixo: de 13:30 a 14:30, de 18:00 a 20:30 e de 22:00 a 23:00 horas, advertindonos que se incumprimos este horario “pode ocasionar unha falta,...., ocasionando o seu incumprimento motivo de sanción admnistrativa”, e unha serie de recomendacións de como temos que tratar o lixo e cerrar as bolsas porque senon os cans e as gaivotas rompen as bolsas e evitamos velo lixo ciscado pola rúa. Pois nantronte a media tarde pasar polo porto deportivo daba pena de velo como estaba e logo moito presumir del.
Alegrome que polo menos o BNG salga hoxe na prensa facendose as mesmas preguntas ca min e seguro que habrá máis persoas do sector que tamén estaranse facendo as mesmas preguntas.
“¿Qué opinarán a totalidade dos empresarios da hostalería ante esta actitude do goberno municipal coa complicidade do CETS?”, eu podo responder como empregada de hostelería e que me toca sacar o lixo que estes horarios son de burla ou acaso ¿non coñecen a hora na que se soe xantar, merendar, cear? E como ben dice o BNG eu non me podo permitir o luxo de deixar os clientes a medio comer para sacalo lixo e ainda por riba ¿non coñecen o estado do tráfico nesas horas?,¿non chega o atasco que hai? Pois debe ser que non que ainda por riba temos que soportar o camión do lixo facendo cola, fedendo a podre para ambientarnos de paso as terrazas. É despois das 23:00 horas ¿que fago co lixo que xenero despois?¿Deixo acumulalo na local ata o día seguinte expoñendome a que me chegue unha inspección de sanidade? E se nos sancionan ¿vanse facer cargo dos importes?, seguro que non e se a tiramos fora dese horario multamos o concello co cal este verán non se gañara máis que para multas.
O que teño claro é que esta medida non pode favorecer o turismo como nos queren facer ver, ¿que opina a concelleira de Turismo disto? Pois nin idea pois anda a coller ideas polo Norte de España nunha reunión de “Vilas Mariñeiras” esperemos que lle dea tempo a pensar unha boa razón pois creo firmamente que a merecemos porque grazas a nos existe turismo, e pagamos os nosos impostos coma calquer outro sector e máis elevados co resto de veciños co cal nos da dereito a esixir que se nos escoite e nos teñan en conta a nosa opinión.
E iso non é todo que inda por riba a concellala de Vilalonga paseouse esta seman pola praza de abastos de Portonovo para esixirlle as peixeiras e demáis vendedores que fora dos postos non poden ter nada pois iso causa sensación de pouca hixiene, despreocupación e os posibles consumidores foráneos levan unha mala impresión e iso pode afectar o turismo. ¿e os que mercamos o resto do ano que?¿e a falla de espacio non hai que solucionalo?¿ou a maior preocupación son os turistas, e os veciños que estamos aquí todo o ano non contamos para nada?
Eu teño clara a miña posición respecto a este asunto e ¿o resto do colectivo?¿e a corporación?, pois se non están conformes soio podo pedir que o manifesten pois así para próximas xenialidades por parte dalgún concelleiro tendrán un minuto de duda antes de actuar, ou será moito pedir que pensen tamén nos veciños que residimos aquí todo o ano e temos que traballar máis de 15 horas o día porque senon de que iamos comer.
Xa ves xefe últimamente andan sobrados, pero eu tiña que contalo.