Ás veces as cousas non son como parecen ou como intentan contárnolas, cada día estou máis afeita a mirar a dobre intención das declaracións da Alcaldesa pois "onde dixen digo, digo Diego" e case que tirar de hemeroteca produce certo medo. Equivocarse é humano, pero tratar de corrixir os erros sobre a marcha e improvisando conleva o risco de quedar coas vergoñas ó aire.
Neste concello parece que solo van adiante os procesos xudiciais: contenciosos, recursos, e veña máis recursos.
Temos o tema do contencioso gañado por Política Territorial ó concello de Sanxenxo por impedir o avance das obras da autovía. No seu día a Alcaldesa dixo que non ía recurrir para un mes despois saír dicindo que vai recurrir. Con declaracións contraditorias en tampouco tempo demóstrase a validez da palabra dunha persoa cun cargo público.
Pero agora aparece un informe GARRIGUES, feito á medida que saca como conclusión que o concello debe pagar o enlace, entón ¿a que andiveron a xogar? e claro ¿como van xustificar a cantidade de declaracións feitas?, pois nada menos que baixando a orella e dicindo que agora estan dispostos a sentarse a negociar coa Xunta e a Xunta para non ser menos tamén di que que firmarán un novo convenio. Despois de dicir nun pleno: “O concello non pondra un só peso no enlace do concello” .
Eu xa non sei si é unha tomadura de pelo aos veciños de Sanxenxo ou realmente cree que somos uns ignorantes é que non nos damos conta do que realmente sucede. Conte a verdade e déixese de andar de vítima chorando polos rincóns do concello, xa cansa, empece dicindo que non ten un equipo en urbanismo capaz de desenvolver o PXOM e menos de corrixir os erros que ten. Diga vostede que non ten capacidade de xestión e que os satélites que a rodean a estan presionando é que os favores de poñela no sillón hainos que pagar.
Non se bote as mans a cabeza mentres lee isto pois ben sabe que no círculo laboral do concello é Vox Populi. Xa que tan de moda están as cartas abertas, resposte ás seguintes preguntas: ¿Acaso quere ter vía libre para facer e desfacer ó seu antoxo? ou ¿será que pensa usar durante a campaña electoral o vitimismo?.
Teño a sensación de que aqui só se trata de a ver cal das dúas pode antes coa outra e o que deberían facer e estudar ben o que teñen entre mans e tomar as decisións oportunas e con tódalas consecuencias e chegando ata o final porque non vos olvidedes que neste caso os cidadáns votamos tanto nas municipais como nas autonómicas e nas do estado.